^ Ir arriba

COVID-19: Axudas e programas

Programa de aceleración de empresas do sector comercio minorista afectados polo COVID-19

A Deputación de Pontevedra quere poñer en marcha a través de SmartPeme unha aceleradora dirixida ao comercio minorista, un dos sectores prioritarios dentro da provincia, co obxectivo principal de axudarlles a impulsar os seus negocios e reactivar a economía local, tan mermada tras os efectos do COVID-19, que obrigou ao peche temporal de moitos deles.

 

Esta aceleradora de empresas está dirixida as pemes, persoas emprendedoras e autónomas da provincia de Pontevedra que cumpran unha serie de requisitos, entre os que se atopan que os seus negocios fosen afectados polo COVID-19, persoas que desexen reorientar ou poñer en marcha a súa actividade en liña ou persoas cun proxecto empresarial ligado a este sector en fase temperá ou cun alto potencial de desenvolvemento.

 

O programa executarase entre o 25 de maio e o 30 de setembro, prestando apoio aos 10 proxectos seleccionados mediante un plan intensivo de titorías e mentorizaciones acompañados polo equipo de persoas asesoras de Smartpeme así como un plan de capacitación a través de diversos talleres formativos.

 

O prazo de presentación de solicitudes estará vixente ata o 8 de maio de 2020 ás 15.00 horas. Clicando AQUÍ poderase consultar as bases do programa e acceder a ligazón do formulario de inscrición.

 

Será indispensable a presentación dunha memoria do proxecto, explicando detalladamente a idea e os obxectivos que se desexa alcanzar ao participar neste programa. Esta memoria, xunto coa información sobre o grao de innovación da empresa e o equipo participante serán os criterios para valorar para a preselección de proxectos.

  

Quedamos á vosa disposición para calquera consulta ou dúbida a través do correo Esta dirección de correo electrónico está protegida contra spambots. Usted necesita tener Javascript activado para poder verla., no teléfono 886 202 020 ou a través das redes sociais de SmartPeme.

Esperámosvos!

 

unnamed.png