^ Ir arriba
Comunicación Concello Gondomar

Comunicación Concello Gondomar

Martes, 04 Abril 2017 21:51

VI edición de CANTARES NO MIÑOR.

Encontro de Coros Tradicionais
Participan: “Cántigas e Frores”, de Lugo, e “Cantares do Brión”, de Vincios.

Valmiemprega Xove, Obradoiro de Emprego promovido polo Concello de Gondomar en colaboración cos municipios de Baiona e Nigrán, e que conta co cofinanciamento de Xunta de Galicia e do Fondo Social Europeo, ven de rematar as súas actividades.

O Obradoiro de Emprego “Valmiemprega Xove” ven de rematar o deseño de abundante material informativo en tres idiomas para a promoción turística do Val Miñor e de determinados recursos dos concellos miñoranos.

O próximo mércores festexaremos con moita música o comezo da primavera. ¡Teremos a oportunidade de escoitar diferentes conxuntos, ó coro e á orquestra do Conservatorio Elemental de Música de Gondomar! e se o tempo nos acompaña sairemos á rúa a facer soar os nosos intrumentos e as nosas voces. ¡Acompañádenos o mércores 5 de abril ás 19:00h no auditorio Lois Tobío! Todo o mundo é benvido.

Como cada ano, o 2 de Abril, familiares e amigos de persoas con autismo tratan de achegarse a través da cor azul a miles de persoas en todo o mundo, portando globos ou solicitando que monumentos emblemáticos ilumínense ese día con esa cor en todos os recunchos do planeta.

Demostración, captación e participación de alumnos de distintos colexios no pavillón municipal de Gondomar, para acabar o vindeiro sábado no mesmo sitio co campionato de Galicia escolar de Judo infantil e cadete.

Gondomar celebrará o día 1 de abril no Auditorio Lois Tobio ás 20h a súa II Gala do Deporte, evento promovido polo Alcalde Paco Ferreira e pola Concellería de Deportes, dirixida por Nuria Lameiro e o apoio da Deputación de Pontevedra. Con esta cita Gondomar afiánzase no seu proxecto de fomentar o deporte e poñelo en valor.

Convócanse os campamentos Polideportivos Príncipe Felipe para menores nacidos entre 2003/10 da Provincia de Pontevedra.

Están destinadas a entidades sen ánimo de lucro e o prazo de solicitude rematará o 25 de abril.

A concellería de Xuventude do Concello de Gondomar, dirixida por Nuria Lameiro, comeza a programación formativa do 2017, cun curso de Portugués.

Página 86 de 98

Rss