O padriño deste ano será Álvaro Pino, o ex ciclista gañador da Volta a España do 86, e vencedor en varios títulos nacionais como Subida ao Naranco, Setmana Catalá, Volta a Cataluña ou a Escalada a Montjuic; estará acompañado polo Alcalde Paco Ferreira, a Concelleira de Deportes e Roberto Carlos Carballo, redactor do programa "Galicia en Goles", que será o encargado de conducir a gala.
A gala será retransmitida en directo a través de internet, en streaming, seguindo este link http://gala.concellodegondomar.gal grazas ao patrocinio de Ollomol Audiovisual, K12 Comunicación e Tapería Adechape. O link estará tamén dispoñible a través do Facebook do Concello, o do Alcalde Paco Ferreira e da páxina web de Concello de Gondomar; os locais Tapería Adechape e A Galiña do Ardora poñerán a disposición do evento as pantallas dos seus locais para todos os seus clientes. No hall do Auditorio habilitaranse dúas pantallas para seguir a gala.
O xurado reunido o pasado 21 de marzo ás 19:30 composto por Nuria Lameiro como presidenta, secretario Luís Carballo Moure, Xose Anton Fernández Gonzalez, Nuria Gómez Dominguez, Xose Manuel Chamorro, Loles Vila Alonso e Ramón Magariños Duro foron os encargados de elixir aos premiados en cada un dos deportes.
Os premiados nesta segunda Gala do Deporte están divididos por categoría; en
- Baloncesto: Victor Villadoniga Santos e Bernabé Costas de Miranda
- Atletismo: Nerea Perelló Gonzalez, Yeray Gómez Villar, Zekarias Fernández-Arroio e Elena Costas Martín.
- Ximnasia acrobática: Branca Alonso Fernández.
- Automobilismo: Hugo González Lameiro, Alberto Meira, Esteban Pérez Igrexas e Ezequiel Salgueiro Simoes
- Rugby: Anxo Crusat Mirás
- Xadrez: Artai Bringas Gomez e Ana Fernández Carneiro.
- Dúatlon-Tríatlon: Brais Misa García
- Tiro con arco: Rubén Rodriguez Alleres e Sergio Alonso Peitieiros.
- Patinaxe: Joel Ribeiro Diaz, Xose Alonso Cruz e Iria Boullosa Zarrauiños
- Canicross- bikejoring: Noelia Piñeiro Pérez
- Bolos: Jose Manuel Torres Nicolao, Alberto González Bouzada e Jose Rodríguez Domínguez.
- Tenis :Alejandra Vázquez Pérez e Claudia San Juan Ares
- Tenis de mesa: Simón Casal González, Luisa Pintos Barreiro, Celia dá Conceiçao Vaz Jesús e Martín Pintos Barreiro.
- Futbol: Alejandro Gómez Pérez, Pablo Llamazares Hermida, Ana Román González e Ildara Perez Cameselle;
- Ciclismo-BTT: Ismael Salgueiro Troncoso.
Ademais durante a Gala coñeceranse os premiados das nove categorias os nomeados son:
Mellor evento deportivo: I Enduro Serra Galiñeiro, XVI Carreira Popular Memorial Barros, e a V Carreira Master Concello de Gondomar.
Mellor club deportivo: Club de Tenis de Gondomar, a Sociedade Atletica de Val Miñor e o Club de Patinaxe de Gondomar.
Mellor patrocinador de eventos Auga Sa, Rosquillas Cristaleiro e Rodosa.
Traxectoria deportiva: Marta Fernández Otero, Vanessa Veiga Comesaña e Enrique Eduardo Fernández Rodríguez.
Mellor deportista revelación masculino: Simon Casal Gonzalez, Victor Villadoniga Santos e Xosé Alonso Cruz;
Mellor deportista revelación feminino: Nerea Perelló Gonzalez, Branca Alonso Fernández e Luisa Pintos Barreiro.
Mellor deportista masculino: Jose Manuel Torres Nicolao, Brais Misa García e Bernabé Costas de Miranda,
Mellor deportista feminina: Ildara Perez Cameselle, Noelia Piñeiro Perez e Paula Vilar Palma.
A mención especial será para Protección Civil, Concentración Moteira "A Cento Cen", e a dous deportistas: José Manuel González Pérez e Laura Miguez Vila; ademais farase entregará o título póstumo á familia de Manuel Hermida Losada "Hermidita".