^ Ir arriba
Comunicación Concello Gondomar

Comunicación Concello Gondomar

Venres, 19 Octubro 2018 19:34

Axudas para adquisición de vivienda.

axudas mocidade adquisicion vivenda

Venres, 19 Octubro 2018 19:14

Caldeira de biomasa.

Xa temos instalada a nova caldeira de biomasa da Casa do Concello.

IMG 0003IMG 0006

IMG 0345 1

Mércores, 17 Octubro 2018 12:48

Instalacións eléctricas fora de servizo.

Informamos que o próximo día 21 de outubro de 2018, de 7:00 a 11:00 horas, se procederá a deixar fora de servizo unha serie de instalacións, o cal pode provocar interrupcións no suministro de electricidade durante ese intervalo de tempo.

 

As instalacións eléctricas sometidas a descargo afectan ás seguintes ruas ou zonas:

 

MORGADANS: Lugares SAN ROQUE, GULFAR, GONDOMAR, RAPOSEIRAS, PADRONS, HERVILLAS, BATIZOSA, VIÑO, GUILLUFE, XENDE, AVELOSA, PEDRA, CMÑO. BRANCO, ENTREVIÑAS, LAGO, GONDA, QUEIMALIÑOS, CARBALLAS, CARBALLEIRA, PICOUSO, BARALLA.
CHAIN: Lugares FOUCO, MOURISCA, IGLESIA, PINTOR, CASTELO, LOUREIRO, PEDROUCO, ROGODAGUA, TORRE, PARABOA, MOURISCA. 
MAÑUFE: LG. SEQUIÑAS; LOUREDO: LG. TORREIRA;
PEITEIROS: Lugares FONTE, AREA, GANDARA, PEROLEIRA.
COUSO: Lugares BOUCIA, BASTIDA, FONTEIRIÑAS, LAXES, BANDEIRIÑAS, TERRA DO REI, VACARIAS, C/ MANUEL GONDA PEREZ, FEIRA, CMÑO. CHAPURRA, PORTELA, PEDREIRA, TORRE, ALDEA A FRAGA; 
GONDOMAR: AMEIXEIRA, C/ EDUARDO IGLESIAS, CMÑO. AMEIXEIRA A COTRO. C.T. PARTICULARES: 36P742 (ROCHELA-GONDOMAR); 36PZ79 (PEROLEIRA-GONDOMAR)

 

0045

Mércores, 17 Octubro 2018 10:45

Gañador do XII certame fotográfico "Viaxando"

SERGIO LORENZO ARES,  COA SÚA FOTO “ COMEZA A VIAXE” GAÑA O XII CERTAME FOTOGRÁFICO VIAXANDO

 

A OMIX  do Concello de Gondomar foi a encargada de por en marcha esta edición do décimo segundo certame VIAXANDO.

Este certame foi creado polas OMIX,s de Baiona, Tomiño, O Rosal, Porriño, Salceda de Caselas, A Guarda, Gondomar e o Espazo Xove de Tui no ano 2007. Un certame que aposta pola creatividade e orixinalidade da mocidade plasmada nunha fotografía.

Neste ano 2018 a Oficina Municipal do Concello de Gondomar foi a encargada da posta en marcha desta edición. O día 8 de outubro reuniuse o xurado formado polo Alcalde de Gondomar, Juan Francisco Ferreira; a Concelleira de Xuventude -Nuria Lameiro Valverde e os fotógrafos Miriam Rodríguez Davila, Pablo M. Banga González e Hugo Aboal de Castro, dando como gañadora das trece fotografía presentadas a Sergio Lorenzo Ares, natural de Tomiño pola súa foto “ Comeza a Viaxe”.

O día 19 de outubro as 18.30 farase entrega do premio o gañador, que consta dun curso personalizado de fotografía, así mesmo, inaugurárase a exposición de fotos que participaron este ano.

A exposición poderá visitarse do 19 de outubro ao 9 de novembro na Casa do Concello de Gondomar, despois rotará as todas as OMIX,s organizadoras.

 

comeza a viaxe

Comeza a convocatoria de probas para a obtención da certificación galega de competencias dixitais en ofimática.

 

PROBAS CODIX

Luns, 15 Octubro 2018 17:07

Becas Amancio Ortega

Xa están disponibles ás becas Amancio Ortega para estudantes de 4º ESO que queran cursar 1º de bacherelato en Canada ou Estados Unidos.

Inscricións-Información: www.becas.faortega.org

BECAS AMANCIO ORTEGA

Martes, 09 Octubro 2018 14:36

XII Certame Fotográfico VIAXANDO

O Xurado do XII Certame Fotográfico VIAXANDO, formado por Juan Francisco Ferreira González Alcalde de Gondomar, Nuria Lameiro Valverde Concelleira de Xuventude e os fotógrafos profesionáis Miriam Rodríguez Davila, Pablo M. Banga González e Hugo Aboal de Castro decidiron como gañador a SERGIO LORENZO ARES ca súa fotografía “Comeza a Viaxe”
 
Este Xurado quere recoñecer o traballo dos participantes e felicitar o gañador cun curso personalizado de fotografía.
 
viaxando
Venres, 05 Octubro 2018 22:10

Curso de Soldadura semiautomática MIG MAG

A Concellería de Emprego do Concello de Gondomar organiza un curso de Soldadura semiautomática MIG MAG.

Estamos a uns 450m. Sobre o nivel do mar, a media ladeira da Serra do Galiñeiro, nun corredor natural, con dirección norte-sur que comunica o río Miño ó sur coa ria de Vigo ó norte, pasando pola cabeceira do Val do Miñor
e con amplas vistas sobre el.

AULA DE TEATRO XOVE 12-30 ANOS
Ensaios todos os martes en horario de 18.30 a 20.30.
Inscricións OMIX Gondomar
Información 986.369.746

Página 64 de 98

Rss