Co fin de efectuar os traballos de mantemento e desenvolvemento da rede eléctrica precisos para poder atender nas mellores condicións as necesidades de suministro da zona, informamos que o vindeiro día 14 de abril de 2019, de 8:30 a 9:00 e de 18:00 a 18:30 horas, imos proceder a deixar fora de servizo unha serie de instalacións, o cal pode provocar interrupcións no suministro de electricidade durante ese intervalo de tempo.
As instalacións eléctricas sometidas a descargo afectan ás seguintes ruas ou lugares:
PASAXE (PASAXE No impares 3 ao 13, correlativos 15 ao 21, 23, 26 ao 29, 32, 34, 36). VALADARES - VIGO- (VALADARES Nº 629).
A concellería de Xuventude e Deportes do Concello de Gondomar, dirixida por Nuria Lameiro, aposta unha vez máis por Gladiator Kids. Unha proba diferente na que participan nenos e nenas entre 3 e 11 anos acompañados dun adulto. Esta proba de obstáculos ten un carácter lúdico e non competitivo, consiste nunha serie de probas adaptadas as idades as que van dirixidas e na que non importa quen gañe, senón que o importante é divertirse e compartir en familia. Terá dous percorridos diferentes dependendo da franxa de idade.
Este ano temos 500 prazas, que están agardando por ti, para vivir unha bonita experiencia o día 12 de maio no Parque das Ánimas
Para participar tes que inscribirte do 10/04/2019 ata 10/05/2019, a través da OMIX de Gondomar chamando ao 986.369.746 ou a través da páxina www.chapionchipnorte.com , prazas limitadas.
II Gladiator Kids, esperámoste en Gondomar.
Segunda conferencia de Roberto Relova no Conservatorio de Gondomar
Hoxe mércores 10 de abril, o Conservatorio Municipal de Gondomar ofrece a segunda conferencia do Ciclo: “La (de)contrucción dos grandes personaxes femininos dende a música, o mito e a historia”. Nesta ocasión o doutor en Etnomusicoloxía Roberto Relova falará sobre o mito dos personaxes femininos na ópera romántica: “Mulleres e Heroicas”. A conferencia se celebrará ás 19:00h no Auditorio Lois Tobío de Gondomar.
Entrada de balde para todos os públicos.
Dende a Concellería de Igualdade e través do Centro de Información á Muller (CIM), ponse en marcha a nova oferta formativa baixo a modalidade de FORMACIÓN ON-LINE.
Os cursos serán gratuítos e estarán destinados preferentemente a mulleres empregadas e desempregadas empadroadas no Concello de Gondomar. Engadir que se as prazas serán adxudicadas por orde de formalización de inscrición a través do rexistro do Concello ou da Sede Electrónica, sempre e cando se cumpran cos requisitos e se entregue toda a documentación.
A oferta formativa deste ano será:
Procesos grupais e educativos no tempo libre infantil e xuvenil (30h)
Xestión de compras e aprovisionamento (40h)
Xestión de instalacións deportivas (45h)
Xestión básica do almacén (20h)
Colaboración na organización de eventos e protocolo (80h)
Aplicación de sistemas informáticos no bar e cafetería (30h)
Retoque fotográfico (35h)
Mobilización de persoas enfermas (80h)
Atención e información de viaxeiros/as de autobús (50h)
Só se poderá realizar un curso por persoa e cóntase cun total de 135 prazas. A inscrición deberá formalizarse no Rexistro Municipal ou a través da Sede Electrónica do 10 ao 24 de abril
Para máis información acudir ao Centro de Información ás Mulleres (CIM), na Casa da Cultura, telfs: 986 389 355 ou 986 360 224
Actividade cofinanciada con cargo aos créditos recibidos polo Ministerio da Presidencia, Relacións coas Cortes e Igualdade, a través da Secretaría de Estado de Igualdade.
IV Certame Literario Verbas Novas 2019.
A Asociación cultural San Vicente de Mañufe organiza un concurso de relato curto e poesía.
Proposta da Concellaría de Turismo e Comercio.