^ Ir arriba
Comunicación Concello Gondomar

Comunicación Concello Gondomar

O 1 de decembro celébrase o Día Mundial do Sida e un ano máis o concello de Gondomar súmase a esta conmemoración, instaurada pola ONU en 1998, convertíndose no primeiro día adicado a unha enfermidade en todo o mundo.
Neste 2020 celébrase baixo o lema Solidariedade mundial, responsabilidade compartida e a celebración do día Mundial do Sida segue a ser tan importante hoxe como cando comenzou, e continúa sendo necesaria para lembrar á sociedade e aos Gobernos que o VIH non desapareceu.
A día de hoxe é fundamental a financiación para a resposta ao SIDA. Tamén é esencial que a sociedade no seu conxunto tome conciencia de como o VIH afecta á vida das persoas. Só asi poderemos poñer fin ao estigma e a discriminación que -tristemente seguen a existir en moitos lugares do mundo- e conseguimos mellorar a calidade de vida das persoas que viven co VIH1.

 

1 dec1 copia.jpg

1 dec2 copia.jpg

 

 

Ao redor de 40 alumnas e alumnos da comarca do Val Miñor participarán durante unha semana no I Curso de Perfeccionamento Instrumental “Conchita Quintas”, organizado polo Conservatorio Municipal de Gondomar e bautizado con este nome en honra da muller que durante tres décadas estivo á fronte do centro desde a súa creación en 1983.
Os estudantes de cinco especialidades instrumentais -violín, guitarra, clarinete, saxofón e piano- recibirán masterclass de grandes músicos e mestres como son Eva Gonzalez, coa que este luns arrancou o curso para os nenos/as que cursan violín. Ao longo da semana pasarán polo conservatorio de Gondomar, o guitarrista e docente no Conservatorio Profesional de Ourense, Agustín Lage; o músico Felipe Agell (saxofón e clarinete) e o pianista Maider Ordozgoiti, amos docentes no Conservatorio Profesional de Vigo.
O curso que se clausurará este mércores, está enmarcado dentro do programa Outono Musical, actividade organizada pola Concellería de Educación de Gondomar e financiada pola Deputación Provincial de Pontevedra.

 

foto1.jpg

 

foto2.jpg

As Escolas Deportivas de Gondomar arrincarán a súa actividade o próximo mes de xaneiro, se as condicións sanitarias permíteno. A partir deste martes 01 de decembro ábrese o prazo de inscrición que se poderá formalizar nas oficinas do pavillón Municipal Bernabé Costas entre as 10.00 e as 12.00 do mediodía, e as 17.00 e 19.00. Os interesados poderán presentar a súa solicitude ata o día 23 de decembro, abríndose en xaneiro a inscrición das actividades dependentes da Deputación Provincial de Pontevedra.
Debido ás condicións sanitarias nas que nos atopamos este ano se desarrollarán as actividades con normas suxeitas ao protocolo covid19, que establece o máximo de 25 alumnos, dependendo dos metros cadrados da instalación, así como a entrada exclusiva de alumnos e monitores a ela. As actividades realizaranse a porta pechada e os vestiarios no poderán empregarse. En todo momento haberá que manter a distancia de seguridade de 1,5 m e utilizar sempre a máscara.
As escolas desenvolveranse de luns a venres e rexeranse polo calendario escolar. Calquera das actividades programadas terá un prezo de 50,95 euros por curso de 5 meses, e de 59,17 euros no caso daquelas que duran seis meses – ximnasia de mantemento e GAP-, incluído en ambos casos o seguro obrigatorio. Establecerase un desconto de 25% para o segundo membro da familia, e de 50% para terceiros ou seguintes.
Para solicitar máis información poden dirixirse aos teléfono 986 360305 ou 608 748 393 ou a través do correo Esta dirección de correo electrónico está protegida contra spambots. Usted necesita tener Javascript activado para poder verla.

 

escolas deportivas 2020.jpg

l

•​O goberno sustitúe así a recepción tradicional que as súas Maxestades facían aos pequenos do municipio e garante que todos poidan pedir os seus agasallos aos Reis. 

•​Esta iniciativa inclúese no programa de Nadal, organizado pola concellería de Cultura, que se inaugurará o próximo 5 de decembro co aceso oficial, que este ano se retransmitirá por streaming.

 

Ante a mensaxe que se transmite constantemente e que se converteu xa en lema sobre que “este ano o Nadal será diferente”, o goberno de Gondomar deseñou un programa de actividades e accións “co que pretendemos salvala para todas e todos, e axudar a que sexa igual de máxica e chea de ilusión que en anteriores edicións”, asegurou o rexedor Paco Ferreira.

​O aceso oficial será o próximo día 05 de decembro na Praza da Paradela. Precedido dun espectáculo de animación e maxia a cargo de Sarao Animación limitarase o aforo de asistentes na rúa, pero a conta atrás e o aceso poderase seguir por streamingen todo o municipio. 

​Outro dos puntos álxidos destas festas márcao a presenza dos Reis Magos de Oriente. Os pequenos e pequenas de Gondomar terán a oportunidade de falar con eles e facelo en primeira persoa a través dunha videochamada que recibirán nos seus teléfonos.

​Os interesados en participar deben acceder á plataforma www.nadal2020.es, onde os pais, titores ou familiares maiores de idade poderán inscribirse seguindo os pasos que se van indicando. Desta forma concretarán unha data e hora na que queiran que os seus pequenos/as reciban a chamada dos Reis Magos. 

​O alcalde, Paco Ferreira, xa confirmou que se celebrará a Cabalgata o día 05 de xaneiro, “adaptándoa ás novas circunstancias que estamos a vivir e por tanto será estática, situándose na carpa da Praza Paradela” para evitar grandes aglomeracións.

cultura reis magos.jpg

• A corporación municipal sumouse a un minuto de silencio en memoria das 41 mulleres e 3 menores asasinados polas súas parellas ou exparellas.
• Avogan pola educación como ferramenta para desterrar estereotipos que manteñen vivas este tipo de violencias.

A corporación municipal de Gondomar sumouse este 25 de novembro, Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra a Muller, á convocatoria secundada polos municipios de toda España en memoria das mulleres asasinadas a mans das súas parellas e exparellas. No que levamos de ano, un total de 41 ás que se suma a morte de tres menores, e por elas gardouse un minuto de silencio que se pechou cunha pequena performance da agrupación de danza local, Ldanzia co tema “Sola”.
Un acto ao que Gondomar “seguirase sumando mentres siga existindo violencia contra as mulleres polo simple feito de selo”, manifestou o rexedor, Paco Ferreira, que subliñou que a xornada debe “servirnos como denuncia contra os estereotipos que permanecen instaurados no noso día a día e que manteñen viva a violencia contra as mulleres”.
Lembraron no manifesto que o 25N “non é unha xornada para conmemorar, e si para lembrar ás mulleres asasinadas, e sinalar o camiño que queda por percorrer ata alcanzar unha igualdade real entre homes e mulleres, acabando coas distincións de xénero que son o xerme da toda violencia machista”.
Destacaron o papel que toda a sociedade debe desempeñar nesta loita pero fíxose especial fincapé nas administracións locais, ao estar en primeira fila á hora de denunciar e visibilizar a violencia de xénero. “Os gobernos locais xogamos un papel decisivo apostando pola educación e concienciación da cidadanía, e na aplicación da perspectiva de xénero en todas nosas políticas e accións”, manifestou a concelleira de Igualdade, Nuria Lameiro, quen reiterou o compromiso “do goberno de Gondomar de seguir combatendo con todos os recursos dispoñibles ao nosos alcance a violencia contra as mulleres”.

 

d7fbb9b6-2b37-4de1-b885-db6764692991.jpg

Martes, 24 Novembro 2020 16:17

Gondomar en Negro

Un ano máis o comercio local de Gondomar súmase á campaña "En negro contra as violencias" coincidindo coa celebración do Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller. Carteis con diferentes mensaxes contra a violencia que permanecerán nos seus escaparates durante toda a semana.
Xunto os clubes deportivos, centros escolares súmanse unha edición máis ás actividades programadas dende o concello que terán mañá, mércores 25N, o acto central ás 12.00 do mediodía coa lectura do manifesto e un minuto de silencio en memoria das víctimas mortais da violencia machista.

#Gondomar25N #unhaloitadetodos #niunmásniunamenos

 

93108fee-64c5-4a0c-9ef1-4eeabaf5abca.jpg

dbf011e3-51b0-4cb6-9bd5-6d4567cda6e7.jpg

• Atención sociosanitaria e deseño gráfico son as materias nas que se formaron os 20 alumnos durante 9 meses neste Obradoiro desenvolto en Gondomar.

Esta mañá clausurouse oficialmente o Obradoiro de Emprego “Crea e Coida Miñor” que se ven desenvolvendo en Gondomar dende novembro de 2019, e cuxo remate retrasouse como consecuencia da alerta sanitaria decretada no país en marzo. Esta mañá os 20 alumnos recollían os seus diplomas e poñían punto e final a un curso cuxo director, José Abraira Arias,e cualificou “como exemplar tanto pola entrega como polo interese demostrado en aprender”.


O alcalde de Gondomar, Paco Ferreira, acompañado pola secretaria territorial da Xunta en Pontevedra, Marta Iglesias, o alcalde de Nigrán, Juan González, e os concelleiros de formación de Baiona e Gondomar, Óscar Carreño e Rocío Goberna, respectivamente, entregraron os diplomas acreditivativos aos participantes felicitándolles polo resultado obtido.


Pola súa banda Paco Ferreira subliñou a importancia da colaboración entre concellos e administracións á hora de desenvolver políticas de emprego activas, poñendo como exemplo o taller que “clausuramos hoxe sabendo que a metade dos seus integrantes fano xa traballando ou ben a piques de asinar un contrato laboral”.


Animou á Xunta de Galicia a seguir apostando por este tipo de iniciativas e dotar de orzamentos as partidas que fagan posible o seu desenvolvemento. De feito, no acto o alcalde anunciou que Gondomar acollerá un novo taller de emprego de similares característica que contará cunha subvención de 346.946 euros dirixido tamén para persoas desempladas da comarca do Val Miñor.


“Crea e coida Miñor” desenvolveuse en convenio cos concellos de Baiona e Nigrán, e contou cun orzamento de 336.446 euros, que permitiron o desenvolvemento de dous talleres, cun máximo de 10 alumnos/as en cada un, cunha formación eminentemente práctica e cun contrato de traballo co concello polo salario mínimo interprofesional.


Ademais da materia específica relacionada coa atención sociosanitaria e o deseño de produtos gráficos, os alumnos-traballadores recibiron tamén formación complementaria en cuestións clave para a procura de emprego, igualdade ou sobre prevención de riscos laborais.

 

 

8eb1df6e-2cb3-451e-987a-af0b37603908.jpg

• Esta mañá inaugurouse esta mostra que se enmarca dentro das actividades programadas polo concello con motivo da celebración do 25 N.

• A exposición presenta o labor que realizan as defensoras dos dereitos das mulleres na rexión comprendida entre o Sur de México e Costa Rica.

A exposición, que foi inaugurada polo alcalde de Gondomar, Paco Ferreira, a deputada provincial Victoria Alonso, e a representante da Coordinadora Galega de ONGD, María Paz, quere facer chegar aos cidadáns o traballo que desde o ano 2010 veñen realizando as integrantes da Iniciativa Mesoamericana de Mujeres Defensoras dos Dereitos Humanos, protexendo a miles de mulleres que sofren a diario a discriminación e a violencia polo simple feito de ser mulleres.


Con esta iniciativa, promovida pola coordinadora Galega de ONGD e a Deputación provincial de Pontevedra, búscase a máxima implicación da sociedade e neste caso en concreto do pequeno comercio, que durante un mes, converterase no “museo” que acollerá a exposición. Nun xesto por axudar tamén a un sector moi golpeado pola pandemia, únense sinerxias, e nos escaparates de dez locais poderanse ver os retratos das mulleres que loitan diariamente porque se cumpran os dereitos humanos en países como Honduras, Guatemala, O Salvador, México e Nicaragua.


Paco Ferreira agradeceu a disposición do comercio de Gondomar pola súa implicación e axuda á hora de “amosar esta realidade, esta anacrónica e paupérrima maneira de convivencia e de maltrato as mulleres, a flagrante vulneración dos dereitos máis intrínsecos do ser humano” e engadiu que “queremos que a veciñanza de Gondomar, o conxunto do noso pais e do mundo enteiro, visualice sen cancelas, sen estereotipos, sen fronteiras unha realidade insólita e inaceptable na sociedade actual”.


Na mesma liña pronunciouse a deputada Victoria Alonso quen “agradeceu o traballo que se realiza desde a Coordinadora Galega de ONGD para visibilizar o traballo destas defensoras dos dereitos que non se deben arrebatar a ninguén” subliñou a boa disposición do concello de Gondomar e o seu goberno a sumarse a iniciativas deste tipo nun claro exemplo “de que estamos ante un concello feminista, que sempre está disposto cando se trata de defender os dereitos das mulleres”.

Pola súa banda María Paz, representante da Coordinadora, explicou que con esta exposición “queremos poñer en valor o traballo destas mulleres, as “defensoras”, visibilizalo e recoñecelo porque a súa loita é a nosa”. Destacou o retroceso que no ámbito da defensa dos dereitos humanos supuxo a pandemia da covid19 polo feito dos confinamentos,“o que se traduxo nun importante crecemento nas detencións arbitrarias, as campañas de desprestixio e a represión “.
En total poderanse coñecer a historia de dez destas mulleres, que se expoñerán noutros tantos comercios de Gondomar: Chupipostres, Cerámicas Roymara, Mercería Barrosiña, Heborístería Bambú, Puntadas non Aire, Papadolce, Autoservicio Loureana, Café O Tranvía, Farmacia Abizanda e Parafarmacia Sousa,
A mostra, que permanecerá no concello ata o 20 de decembro, que tamén se poderá consultar na web galiciasolidaria.org, é unha adaptación da campaña de IM-Defensoras que, baixo o nome ”Defensoras Semillas de Cambio” ten como obxectivo homenaxear a máis de 2000 mulleres que defenden os dereitos humanos, articuladas en Mesoamérica ao redor desta organización.


Estudantes, periodistas, agricultoras, sindicalistas, artistas, amas de casa… todas teñen o seu espazo porque como nos lembran no seu manifestó, que leron no acto concelleiras do goberno local, son “as que perderon o medo ao medo, e por iso xa non acatan mandatos, roles impostos ou ameazas ou coaccións”; “elas son as sementes de cambio, labradoras de esperanza, sembradoras de vida, tecedoras de futuro”.

 

 

acto defensoras dereitos.jpg 

• O goberno, desde a concellería de Igualdade, desenvolverá diferentes actividades co obxectivo de implicar ao maior número posible de persoas.
• O 25 N lerase un manifesto oficial #ante o concello a partir das 12.00 horas e o concello iluminarase toda a semana de morado.

Gondomar desenvolverá a próxima semana diversas accións, enmarcadas dentro da programación elaborada desde a Concellaría de Iguadade con motivo da celebración do Día internacional contra a Violencia de Xénero, que se celebra o próximo día 25 de novembro. A mesma xornada celebrarase o acto central ante o concello coa lectura de manifesto e un minuto de silencio en memoria das mulleres vítimas da violencia machista, acto que finalizará cunha representación de danza, creada para a ocasión.
Ademais esta xornada instalarase o punto de Igualdade no que técnicas do Centro de Información da Muller (CIM) repartirán material específico da campaña de sensibilización en igualdade de oportunidades entre homes e mulleres como a mellor ferramenta para acabar coa violencia contra as mulleres.
Como en ocasións anteriores búscase a maior implicación da sociedade nesta celebración posto “que é un problema cuxa solución está en mans de todos e todas, na sensibilización das novas xeracións e, da poboación en xeral, ante unha realidade que non se pode negar: a violencia de xénero existe e hai que acabar con ela”, afirma a edil de Igualdade, Nuria Lameiro.
Por esta razón convidouse ao comercio local a sumarse á campaña “En negro contra as violencias”, desenvolta en colaboración coa Deputación Provincial, e que visibiliza con cartelería creada para a ocasión e que lucirán durante toda a semana nos escaparates, a súa loita contra a violencia de xénero.
Por outra banda, o luns 23 poñerase inaugurarase a exposición fotográfica “Defensoras Sementes de Cambio”, que se poderá visitar en dez establecementos que durante un mes converteranse en pequenos museos nos que poder ver os retratos de mulleres defensoras dos dereitos humanos e femininos en países como Honduras, Guatemala ou Salvador. Iniciativa que se desenvolve en colaboración coa Deputación Provincial de Pontevedra e a Coordinadora Galega de ONGD.
O programa elaborado este ano desde o CIM complétase co desenvolvemento do programa “Contos e Monicreques” nos CEIP do municipio, dirixido ao alumnado de primeiro de primaria nunha aposta pola educación como a mellor ferramenta para acabar con estereotipos instalados na sociedade e lograr a igualdade real entre home e mulleres que poña fin á violencia machista para sempre.

 

Foto.jpg

Venres, 20 Novembro 2020 16:18

Dia Internacional del Niño

20 DE NOVEMBRO: DIA INTERNACIONAL DA INFANCIA
Son o noso futuro e é noso deber protexelos os 365 días do ano. Aínda así é necesario celebrar o Día Internacional da Infancia, no que se conmemora o aniversario da Declaración Universal dos Dereitos do Neno e a Convención dos Dereitos do Neno, o máis universal dos tratados internacionais (aprobado en 1989).
Xornada coa que se quere concienciar á población de que os nenos e nenas son o colectivo máis vulnerable, sobre todo ante situacións de crise e problemas. No Día Mundial da Infancia lembramos que teñen dereito a estar seguros, protexidos, á saúde e á educación, independentemente do lugar no que nacesen.
Eles e elas son ou futuro!!!

 

2014-11-20-derechos-de-la-infancia.jpg

Página 31 de 98

Rss