^ Ir arriba

Displaying items by tag: cultura

O vindeiro mércores 16 de Maio ás 21:00h na Igrexa de San Bieito de Gondomar teremos a oportunidade de escoitar un fermosísimo concerto a cargo de I Colori Dell´Armonia, quinteto de música barroca. Concerto organizado pola Concellería de Cultura do Concello de Gondomar, dirixida por Nuria Lameiro, dentro das conmemoracións polo 35 aniversario do Conservatorio Municipal.

Published in Novas

Este venres poderemos desfrutar dun novo concerto programado pola Concellería de cultura, dirixido por Nuria Lameiro, enmarcado dentro das conmemoracións do 35 Aniversario do Conservatorio Elemental de Música de Gondomar. Esta vez será dedicado ao público infantil.

Published in Novas

III Mostra de teatro afeccionado do Val Miñor e Oia. Do 14 ao 28 de xaneiro de 2018. A partir do vindeiro domingo 14 de xaneiro o Auditorio Municipal Lois Tobío de Gondomar acollerá a III Mostra de teatro afeccionado do Val Miñor e Oia. Organizado polo Instituto de Estudos Miñoráns co apoio do Concello de Gondomar, ten como obxectivo fomentar e coordinar actividades dirixidas a potenciar tanto a creatividade teatral como a representación.

Published in Novas

CONCERTO DE NADAL 2017 do Conservatorio Elemental de Música de Gondomar. Chega o Nadal e o Conservatorio Elemental de Música de Gondomar celebra o seu II Concerto Solidario. A Concellería de Cultura en colaboración coa Concellería de Benestar Social organizarán unha recollida de alimentos á entrada do Auditorio Lois Tobío. Todos os asistentes ao concerto poderán colaborar coa súa aportación que será entregada aos veciños máis necesitados do concello. Os alumnos de tódalas especialidades do centro festexarán a chegada do Nadal, presentando o traballo realizado na primeira avaliación co Coro e a Orquestra.

Entrada gratuita ata completar aforo.
Mércores 20 de Decembro ás 19:00h. Auditorio Lois Tobío

 

ÓPERA CARMEN de G. BIZET no Auditorio Lois Tobío de Gondomar

Este sábado 16 de Decembro poderemos desfrutar da representación da Ópera Carmen do compositor G. Bizet, no Auditorio Lois Tobío de Gondomar ás 19:00h, interpretada pola Camerata Lírica de España. A Concellería de Cultura de Gondomar é a encargada de programar este espectáculo, unha das óperas mais representadas de todos os tempos. A taquilla abre ás 18:00h. Prezo da entrada 2,50€

C064BFB2 54DA 42A8 86EA 0BFE09023B92

E0B0A122 2626 418D AC04 1868FEAC85D6

Published in Novas

A exposición sobre o patrimonio arqueolóxico da provincia chega a Gondomar, mañán 11 de outubro terá lugar a inauguración ás 12,00hs.

"Escenarios da Prehistoria", composta por 37 paneis fotográficos de Federico de la Peña, poderá visitarse no Auditorio Lois Tobío de Gondomar ata o 12 de novembro.

Published in Novas
Venres, 23 Xuño 2017 16:44

Festa da Rosquilla de Gondomar 2017

O Domingo 2 de Xullo na Praza da Alameda celébrase a Festa da Rosquilla con actividades programadas para todo o día. Concurso de rosquillas, PICNIC! celebra este día con nós traendo a túa comida e o máis importante, ¡a túa túa familia! Axúdanos a recuperar as tradicións de comer de de campo e moitas cousas máis!

Published in Novas
Venres, 26 Maio 2017 12:56

Contacontos Musicados

"Contacontos Musicados" un concerto adicado aos máis cativos do Concello.

Published in Novas
Venres, 19 Maio 2017 14:23

As Catareiras de Ardebullo

Este sábado día 20 de maio ás 20,00 horas no Auditorio Lois Tobío de Gondomar, Organizado pola Concellería de Cultura, preséntase o espectáculo “As Cantareiras de Ardebullo”.

Published in Novas

O sábado 6 de maio, ás 20:00 horas, no Auditorio Lois Tobío, a través da Concellería de Igualdade e en colaboración coa Deputación de Pontevedra, terá lugar a proxección da película colaborativa Visións, enmarcada no proxecto da Deputación de Pontevedra "Cinema e muller", que ten por obxectivo visibilizar as creadoras do audiovisual da provincia para promover unha maior participación das mulleres na creación da cultura e da arte.

Published in Novas

O Centro Cultural e Veciñal de Peitieiros convídavos a participar no IV certame literario do Día das Letras Galegas de acordo coas seguintes bases:

Published in Novas
Página 1 de 2

Rss