A institución provincial, co obxecto de promover e fomentar o desenvolvemento persoal e social das nenas e nenos e favorecer a comunicación e o dinamismo multicultural, organiza o programa "Depo Aventura A Lanzada" 2018 e oferta 2.200 prazas nos campamentos de verán para menores da provincia de Pontevedra.
Este programa ofrece a posibilidade de que 2.200 nenas e nenos gocen do seu tempo libre no verán participando en actividades de carácter lúdico, cultural, deportivo e formativo, que contribúan ao seu enriquecemento persoal e lles faciliten coñecer outros lugares fóra do seu entorno habitual.