^ Ir arriba
Martes, 21 Febreiro 2017 20:26

Curso de portugués de 80h. de formación.

A concellería de Xuventude do Concello de Gondomar, dirixida por Nuria Lameiro, comeza a programación formativa do 2017, cun curso de Portugués.

Formación de 80 h, nas que queremos espertar o interese por unha lingua e cultura que está moi preto de nós.

É o quinto idioma máis falado e estase a converter nun idioma emerxente a nivel laboral, e moi parecida ó galego debido a nosa proximidade xeográfica, e cada día son mais as demandas por parte de empresas de xente con coñecemento da lingua portuguesa.

Tendo en conta todo isto, a concellería de Xuventude por en marcha este curso dirixido prioritariamente a mozos e mozas de entre 16 e 35 anos, do concello de Gondomar e desempregados tentando garantir a nosa máxima de que a mocidade do Concello de Gondomar, teña un currículo diferenciador.

A preinscrición será do 22 de febreiro ao 15 de marzo e o curso desenvolveranse do 20 de marzo ata o 26 de abril en horario de 10:00 a 13:00h de luns a venres.
Información na OMIX Gondomar 986.369.746

Last modified on Venres, 24 Febreiro 2017 12:30