A partir deste luns día 1 de xuño a Oficina de Información Xuvenil (OMIX) do concello de Gondomar recupera a atención presencial nas súas instalación, neste proceso de desescalada no que pouco a pouco imos todos voltando a "nova normalidade".
A actividade retómase no horario habitual de 08.00 a 14.00 horas sen esquencer o momento que estamos a vivir, polo que terán prioridade as consultas que se fagan vía telefónica (986 369 946), a través do correo Esta dirección de correo electrónico está protegida contra spambots. Usted necesita tener Javascript activado para poder verla., ou, a través de instagram direct.
Os trámites que precisen ser atendidos de forma presencial se farán na oficina, ubicada na casa da Cultura, con CITA PREVIA e adoptando todas as medidas de seguridade que marcan as autoridades sanitarias: uso de máscara, lavar as mans con xel de hidroalcohol, e manter a distancia de seguridade interpersoal.
Lembrade mocidade, xa estamos de volta na OMIX¡