Convócanse os campos de traballo para mozos de 18 a 30 anos residentes en Galicia, que queiran participar como voluntarios/ as nun proxecto de dimensión social.
A Dirección Xeral de Xuventude participación e voluntariado da Consellería de Política Social convoca o Programa "Xuventude no mundo" edición 2018.
QUE VAS FACER EN AGOSTO?
A Concellería de Xuventude do Concello Gondomar presenta á mocidade para o mes de agosto un obradoiro de percusión e outro de skateboard.
Convócase para o curso académcio 2017/18 , en réxime de concorrencia competitiva 220 prazas nas residencias xuvenis dependentes da Consellería de Política Social destinadas a mozos e mozas que por razóns de estudo ou traballo se vexan na obriga de permanecer fóra do concello onde teñen a súa residencia habitual.
A Concellería de Xuventude do Concello de Gondomar propón, como inicio de vacacións estivais unha actividade creativa na que incitaremos o mozo ou moza a explorar e a descubrir provocando un interese pola investigación, a tecnoloxía e a innovación.
A Concellería de Xuventude do Concello de Gondomar comeza a súa programación de verán coa Xincana Familiar “Tralas pegadas do conde de Gondomar”
A concellería de Xuventude do Concello de Gondomar, dirixida por Nuria Lameiro, comeza a programación do verán 2017. O tempo de ocio no verán incrementase e faise necesario garantir a mocidade un ocio accesible e alternativo e positivo, que aporte valores como a creatividade, cohesión social, empatía, innovación, etc.
A Consellería de Política Social ofrece a posibilidade de que a xuventude galega empregue o seu tempo libre estival participando en actividades de educación non formal moi diversas: de carácter cultural, ambiental, deportivo, de tempo libre, de voluntariado... que sirvan non só para divertirse, senón tamén para o seu enriquecemento persoal e vital.