A Deputación de Pontevedra está executando o proxecto Labora 2020 coa cofinanciación do Fondo Social Europeo (FSE). A partir do mes de abril iniciaremos novos itinerarios formativos. Toda a formación que se imparte é gratuíta para as persoas participantes e conducente á obtención de certificados de profesionalidade. Os itinerarios previstos son:
Os itinerarios formativos do proxecto Labora 2020 están destinados a persoas desempregadas da provincia de Pontevedra que se atopen en algunha das seguintes situacións:
A solicitude de participación poderá realizarse a través da sede electrónica da Deputación de Pontevedra de forma telemática no caso de ter certificado dixital ou algunha das claves do sistema clave, en caso contrario deberá presentarse nun rexistro físico con toda a documentación necesaria. Este é o enlace á sede electrónica https://sede.depo.gal/web/public/catalog/catalog-details.xhtml?idbduacproceduretype=72018166&siacode=2148482
Os itinerarios formativos do proxecto Labora 2020 dispoñen dunha axuda económica de 13,45€ por día de asistencia para aquelas persoas que non teñan ingresos individuais de calquera natureza iguais ou superiores ao 75% do IPREM e asistan ao 90% da formación.