^ Ir arriba

Programa “DepoApicultura”

A Deputación de Pontevedra pon en marcha o programa “DepoApicultura” para o fomento, a creación e a mellora do emprego nas actividades económicas relacionadas co medio ambiente e, máis concretamente, co sector apícola.

Está destinado a persoas desempregadas inscritas como demandantes de emprego e consiste nunha formación teórico-práctica sobre apicultura moderna sostible para as e os interesados no sector.

Este programa comprende tamén a elaboración dunha base de datos coas persoas participantes destes cursos formativos da que poidan dispor as e os ofertantes de emprego relacionados co sector apícola; ademais da creación dunha rede que aglutine as e os axentes implicados no desenvolvemento rural desas zonas.

Modalidades: presencial (50 horas) ou mixta (40 horas a distancia e 10 horas presenciais).

cartel vinculos