^ Ir arriba
Concello Gondomar

Concello Gondomar

Monday, 10 April 2017 11:05

VIDEO | Ecoembes. Recicla e respira

Soamente respiramos aire, e xuntos mantemos limpio o aire de Galicia #ReciclaeRespira

O edil de Medio Ambiente de Gondomar, Antonio Araúxo, amosa cómo elaborar unhas trampas caseiras para atrapar ás raíñas da vespa asiática (especie invasora que despraza e mata ás abellas autótonas).

OBRADOIRO DE EMPREGO “VALMIEMPREGA XOVE”


O Obradoiro de Emprego “Valmiemprega Xove” é un proxecto de emprego-formación promovido polo Concello de Gondomar no marco dun acordo cos municipios de Baiona e Nigrán, co fin de reforzar as políticas activas de emprego e poñer en marcha na comarca un programa centrado na promoción turística do Val Miñor. Cunha duración de seis meses, desenvólvese entre o 26 de setembro de 2016 e o 25 de marzo de 2017.


Foi concedida subvención para a execución deste proxecto por parte da Consellería de Economía, Emprego e Industria da Xunta de Galicia, de acordo coas bases reguladoras das axudas e subvencións para o fomento do emprego a través dos programas mixtos de emprego e formación da Comunidade Autónoma de Galicia dirixidos a mellorar a empregabilidade, a cualificación e a inserción profesional das persoas mozas incluidas no ficheiro do Sistema Nacional de Garantía Xuvenil, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2016.


O proxecto está cofinaciado pola Unión Europea, a través do Fondo Social Europeo, Programa Operativo de Emprego Xuvenil.


O alumnado-traballador (15 persoas) deste Obradoiro de Emprego recibe formación na especialidade de Promoción turística local e información a visitantes, desenvolvendo prácticas na materia e colaborando na prestación de servizos e na realización de produtos de información e promoción turística, que van ter por obxecto estudar as potencialidades do territorio e do sector, apoiar as accións de información e promoción turística que se levan a cabo na actualidade e contribuir a reforzar a imaxe turística do Val Miñor e a complementariedade dos seu recursos e das accións para o desenvolvemento turístico que se realizan desde os concellos.

Captura de pantalla 2016 11 14 a las 17.01.50

Monday, 23 May 2016 21:54

Campaña "Quere ao teu mercado"

A Concellaría de Comercio……do goberno municipal de Gondomar, no seu propósito de promover os mercados e os productos de proximidade, para o cal a praza de abastos do concello é unha peza fundamental, pretende incentivar o consumo de produtos frescos e resaltar os valores da compra local e a profesionalidade e bo facer dos nosos praceiros e praceiras. Para isto está a traballar sumándose á campaña internacional de promoción dos mercados locais e prazas de abastos. “Quere ao teu mercado”

A concellería de Comercio do concello de Gondomar en colaboración cos/aspraceiros/as da praza de abastos municipal convoca o 1º concurso de debuxo “Que é para ti o mercado?”

Page 3 of 3

Rss