^ Ir arriba
Comunicación Concello Gondomar

Comunicación Concello Gondomar

 

donación mascarillas.jpg

 

O goberno de Gondomar repartiu preto de 2000 máscaras hixiénicas reutilizables dun total de 3000 que inicialmente se poñerán a disposición dos cidadáns co fin de facilitar todos os medios necesarios para o cumprimento das medidas sanitarias xurdidas tras a pandemia do coronavirus.

Durante a mañá e a tarde deste mércores varios centos de persoas achegáronse ata a Praza A Paradela onde efectivos de Protección Civil facían entrega de 3000 máscaras, doadas e fabricadas por la empresa PMAS Full Sport, industria situada no Polígono da Pasaxe, e que adaptou da produción á súa confección durante el confinamento co obxectivo de mitigar a ausencia de material que se rexistrou durante eses días.

O rexedor do municipio, Paco Ferreira, sinalou “a necesidade de seguir adoptando todas as precaucións necesarias e non baixar a garda despois de todo o que conseguimos” e por iso anunciou que ademais da doazón da empresa “adquiriremos todas as máscaras precisas para que ningún veciño ou veciña da nosa localidade quede sen elas”, e engadiu que tamén se farán chegar aos diferentes establecementos de Gondomar con atención ao público.

Así o manifestou esta mañá durante o acto de entrega de máscaras no que estivo acompañado polo xerente da empresa, Moisés Bastos Lorenzo, así como por distintos concelleiros do goberno, os responsables da Policía Local e Garda Civil do municipio, e efectivos de Protección Civil do Val Miñor, corpos aos que tamén se doaron máscaras personalizadas co escudo de cada un deles.

As máscaras teñen a certificación de UNE 0065 e reúnen os requisitos que deben cumprir as máscaras hixiénicas reutilizables, tanto para adultos como para nenos, principalmente en canto ao materiais empregados para a súa elaboración, confección, marcado e uso. Gondomar 03 xuño 2020

CONTENEDOR GRIS.jpg

Dende a goberno de Gondomar, a través da súa concellaría de Medioambiente, lembran á veciñanza que as máscaras e luvas usadas deben depositarse no colector de fracción resto de COR GRIS. Aínda que as máscaras, na maioría son de papel, NON deben depositarse no colector azul. O mesmo acontece coas luvas que, a pesares deser de materiais similares ao plástico (látex, nitrilo, goma…) NON deben depositarse no contenedor amarelo.

En ambos os dous casos hai que introducilos no colector de fraccion resto, COLECTOR TOTALMENTE GRIS.

Lembran dende a concellaría que ao depositalos nos diferentes colectores de reciclaxe, esto contribúe á contaminacioìn de todo o colector, algo que resulta moi complexo de xestionar unha vez que chega á planta de tratamento SOGAMA.

Si se trata de luvas e máscaras empregadas por personas contaxiadas por Covid-19, o protocolo a seguir é outro como xa indicamos anteriormente.

MEDIOAMBIENTE RECICLAJE ROPA editada.jpg

A partir de este luns, tal e como anuncia a empresa responsable, procederase a levantar o precinto aos dez colectores de recollida de roupa usada, pechados durante os últimos dous meses por mor da alerta sanitaria.

A partir de hoxe os interesados/as poderán volver a depositar neles a roupa usada (non rota) e limpa da que queran desfacerse. Recolleránse tanto prendas de vestir como de fogar, así como zapatos ou complementos como cinturóns o bolsos. Á hora de depositalas no colector deberán ir pregadas e metidas nunha bolsa.

O obxectivo final é seguir sumando ferramentas e medios para avanzar en materia de reciclaxe e medioambiente, colaborar entre todos e todas a cerrar o círculo dos productos que empregamos no noso día, facilitando a súa reutilización posterior.

reapaertura.jpg

A partir deste luns día 1 de xuño a Oficina de Información Xuvenil (OMIX) do concello de Gondomar recupera a atención presencial nas súas instalación, neste proceso de desescalada no que pouco a pouco imos todos voltando a "nova normalidade".

A actividade retómase no horario habitual de 08.00 a 14.00 horas sen esquencer o momento que estamos a vivir, polo que terán prioridade as consultas que se fagan vía telefónica (986 369 946), a través do correo Esta dirección de correo electrónico está protegida contra spambots. Usted necesita tener Javascript activado para poder verla., ou, a través de instagram direct.

Os trámites que precisen ser atendidos de forma presencial se farán na oficina, ubicada na casa da Cultura, con CITA PREVIA e adoptando todas as medidas de seguridade que marcan as autoridades sanitarias: uso de máscara, lavar as mans con xel de hidroalcohol, e manter a distancia de seguridade interpersoal.

Lembrade mocidade, xa estamos de volta na OMIX¡

furgoneta y remolque vías y obras.jpg 

 

O goberno de Gondomar implementará o seu persoal coa contratación de 9 persoas mantendo así a súa aposta polas políticas activas de emprego, que adquiren máis importancia neste momento que vive a nosa sociedade inmersa nunha desescalada “no que todas as medidas que potencien a creación de postos de emprego son máis necesarias que nunca”, manifestou o rexedor Paco Ferreira.

En total contrataranse nove persoas, un técnico de turismo, 2 de condutores e 6 peóns de obras públicas. Os interesados deberán estar desempregados e rexistrados como demandantes de emprego no Servizo Público de Emprego de Galicia. Será a oficina de emprego a que confecciona a lista de candidatos/ as para o proceso selectivo, que se poñerá en marcha o próximo día 1 de xuño.

Unha vez seleccionados o concello, con cargo ao financiamento do Plan Concellos da Deputación de Pontevedra, lles contrarará por seis meses. “Mellorar a atención e cobertura das demandas dos nosos veciños é un dos nosos obxectivos, e para iso é fundamental dotar de máis recursos humanos a administración local, á vez que creamos novos empregos, sempre necesario”, explica o alcalde.

Por outra banda, desde esta semana o servizo de Vías e Obras reforzarase coa adquisición dunha nova furgoneta de 9 prazas con remolque elevador, na que se investiron 30.0000 euros. Con este novo vehículo crece o actual parque móvil do  concello para dar servizo a todas as súas parroquias nas que desde hai xa unhas semanas iniciáronse os traballos de roza, paralizados a consecuencia do confinamento decretado pola alarma sanitaria.

Labores nas que se están empregando tres tractores de brazo mecanizado e persoal a pé para retirar a materia vexetal sobrante que se traslada posteriormente aos puntos acordados coas Comunidades de Montes das parroquias. Un proceso co que “apostamos pola reciclaxe dos materiais rozados para a súa conversión en compos e futura reutilización como abono, nun claro exemplo do que é a economía circular e sostible que perseguimos.”

Respecto a isto Paco Ferreira fai fincapé “en que durante o proceso de roza non utilizamos herbicidas nin produtos tóxicos para a contorna natural co fin de garantir a sustentabilidade do medioambiente desde o inicio ata o final, conclúe o rexedor.

O goberno local de Gondomar destina estas axudas a familias en situación de emerxencia social cuxos fillos e fillas estean no ciclo de educación infantil.

O próximo luns, 1 de xuño, abrirase o prazo para presentar as solicitudes para optar a estas axudas para adquisición de material escolar de educación infantil do vindeiro curso 2020-21, ás que poderán optar familias que se atopen en situación de emerxencia social.


As axudas estarán destinadas aos alumnos e alumnas matriculados nos centros escolares de Gondomar e nos pertencentes ao Colexio Rural Agrupado (CRA).
Os interesados deberán solicitar cita previa para a súa tramitación, chamando ao teléfono do Departamento de Benestar Social (986 360 168) onde tamén poderán solicitar toda a información necesaria.


O prazo para a presentación das solicitudes finalizará o día 30 de xuño.

MINUTO SILENCIO COVID

O concello de Gondomar sumouse esta pasada media noite aos 10 días de loito oficial en memoria dos falecidos por motivo da pandemia da COVID19, durante os que as bandeiras ondearán a medio mastro. Ademais este mediodía gardouse un minuto de silencio en memoria das persoas que perderon a vida por esta enfermidade.

A corporación municipal do Gondomar, presidida polo alcalde Paco Ferreira, secundou este mediodía o minuto de silencio convocado a nivel nacional pola Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP) que se pechou cun aplauso.

“Con el rendemos a nosa pequena homenaxe aos máis de 27.117 mortos por esta enfermidade en España, 607 deles en Galicia, á vez que nos sumamos á dor das súas familias que non tiveron a posibilidade de despedirse dos seus en condicións por mor da alerta sanitaria”, apuntou o alcalde Paco Ferreira.

Un silencio e aplauso que tamén se fixo extensivo “a todos os profesionais que estiveron xunto aos enfermos atendéndoos ata o final sen deixalos sós”.

O rexedor recoñeceu o esforzo dos habitantes de Gondomar que “ante esta pandemia loitamos xuntos e vivímola dende a solidariedade e responsabilidade social” e apela a que se manteña este mesmo compromiso durante o proceso de desescalada da alerta sanitaria.

Gondomar 27 maio 2020

Ata o próximo 1 de xuño poderá consultarse o censo electoral ordinario que rexirá nas eleccións ao Parlamento de Galicia o próximo día 12 de xullo, e si é o caso presentar reclamación sobre a súa exclusión, modificación o datos erróneos.

O horario de consulta será de 09.00 a 14.00 horas, é ser imprescindible presentar o DNI.

 

consulta censo.jpg

Martes, 26 Maio 2020 10:28

ANUNCIO DE CONSULTA DO CENSO ELECTORAL

Página 39 de 98

Rss