Plan Concellos 2017
Gasto corrente novo
Prazo de incrición so para Escolas de Deputación, comenzará o mércores 12 de setembo de 17: a 20:00 h., no pavillón de deportes de Gondomar, escolas concedidas o Concello de Gondomar, PATINAXE de 05 a 15 anos, BALONCESTO de 5 a 12 anos, IUDO de 5 a 15 anos, FÚTBOL de 5 a 15 anos, BALONMÁN de 5 a 15 anos.
A Deputación de Pontevedra convoca 200 bolsas de práctica laboral nos concellos da Provincia de Pontevedra e na Deputación destinadas a persoas con títulos universitarios ou de ciclos formativos de grao superior de formación profesional, sen experiencia laboral no ámbito da súa titulación académica coa finalidade de promover e completar a súa formación en áreas de coñecemento que poidan facilitar a súa incorporación ao mercado laboral.
Sométese a información pública polo prazo dun mes, o texto íntegro da aprobación inicial dos estatutos da Asociación administrativa de cooperación da fase I do Proxecto sectorial supramunicipal do polígono industrial “A Pasaxe”, no Concello de Gondomar, co fin de que cantos interesados houbera no procedemento poidan consultar o mesmo e presentar cantas alegacións e documentos estimen oportunos. O expediente estará á súa disposición no departamento de urbanismo do Concello de Gondomar, en horario de 09.00 a 13.30 horas.
Convocatoria de subvencións para clubs deportivos sen ánimo de lucro que participen en competicións federadas de ámbito inferior a nacional para o ano 2018. O prazo para a presentación de solicitudes remata o día 23 de febreiro de 2018.
A Deputación de Pontevedra, a través do Servizo de Cultura e Lingua, no seu afán de impulsar e fomentar a cultura popular en lingua galega nas múltiples e variadas expresións artísticas, en colaboración cos concellos, as agrupacións, as entidades e as asociacións culturais, pon en marcha o “Pontegal” 2018. A través deste programa serán retribuídos os grupos da provincia polas actuacións autorizadas e realizadas ao longo do ano 2018 no ámbito territorial da provincia de Pontevedra.
A exposición sobre o patrimonio arqueolóxico da provincia chega a Gondomar, mañán 11 de outubro terá lugar a inauguración ás 12,00hs.
"Escenarios da Prehistoria", composta por 37 paneis fotográficos de Federico de la Peña, poderá visitarse no Auditorio Lois Tobío de Gondomar ata o 12 de novembro.
A exposición fotográfica "De Pontevedra a Río 2016", organizada pola Deputación de Pontevedra, chega hoxe a Gondomar.
A Deputación, consciente da importancia de fomentar o deporte en todas as súas disciplinas e coñecedora das carencias ás que se enfronta, establece as Bases reguladoras de concesión de axudas e subvencións públicas destinadas a promover, fomentar e impulsar as actividades deportivas segundo os principios de obxectividade, concorrencia competitiva, publicidade e transparencia.
Contratación de 21 traballadores/as a través da liña 3, emprego para a conservación e o funcionamento de bens e servizos municipais, do Plan Concellos 2017.Finaciado pola Deputación de Pontevedra.