A Consellería de Cultura, Educación e Orientación Universitaria convoca axudas destinadas a financiar os gastos derivados da matrícula do curso 2017/18 do alumnado de 2º e posteriores cursos matriculados en estudos universitarios oficiais do Sistema Universitario de Galicia nas ramas de coñecemento afectadas polos cambios de requisitos académicos establecidos polo Real Decreto 1000/2012 do 29 de xuño.
O Instituto Galego das cualificación da dirección xeral de orientación e promoción laboral convoca en Galcia o procedemento para a avaliación e acreditación das competencias profesionais adquiridas
a través da experiencia laboral ( Nivel 2-3 competencias deben xustificar 3 anos de experiencia cun mínimo de 2.000h traballadas nos últimos 10 anos) ou da formación non formal ( nivel 2-3 competencias deben xustificar polo menos 300h nos últimos 10 anos).
A comisión interuniversitaria de Galicia convoca as probas de acceso a Universidade para maiores de 25 e 45 anos que non posúan ningunha titulación académica que dea acceso á universidade por outras vías.
A Deputación de Pontevedra convoca unha bolsa de práctica laboral na Estación Fitopaloxíca de Areeiro.
A Xunta de Galicia e o Sistema de garantía xuvenil convocan cursos gratuítos con prácticas en empresas e certificado profesional oficial.
CONTIDO: para poder incrementar as posibilidades de atopar un traballo, este programa pon a disposición unha oferta formativa de calidade e gratuíta, orientada a actividades profesionais que están a xerar emprego, con prácticas en empresas que permiten entrar en contacto co ámbito laboral, e a obtención dun certificado profesional oficial que melloraría a vosa cualificación e empregabilidade. REQUISITOS: ter menos de 30 anos, estar en situación de desemprego, estar inscrito/a no servizo público de emprego e estar rexistrado/a no Sistema de Garantía Xuvenil (para rexistrarte no Sistema Garantía Xuvenil podes facelo no teu punto SIJ na Omix de Gondomar ). PRAZO: se cumpres estes requisitos e che interesan os cursos tes que ir a túa oficina de emprego para solicitalo. TES ATA 26 DECEMBRO 2017. CURSOS PONTEVEDRA: INFO: Oficinas de emprego Servizo Orientación e Promoción laboral Vigo : 986.817.064 986.817.087
Científicos por unhas horas. A fin de semana pasada levouse a cabo no Concello de Gondomar, a través da Concellería de Xuventude dirixida por Nuria Lameiro , a actividade do MUSEO CIENTÍFICO.
O programa Tecendo Lazos presente un novo obradoiro, nesta ocasión trátase de un abradoiro para facer xoguetes creativos con material de refugallo. Os xoguetes elaborados terán un fin social.
A asociación de industrias metalúrxicas de Galicia e o Instituto de enerxía, turismo e axenda dixital convocan 400 prazas de formación e contratación para a mocidade galega inscrita no programa de garantía xuvenil.
A Concellería de Xuventude do Concello de Gondomar organiza do 3 ao 5 de novembro un MUSEO CIENTÍFICO.
A concellería, dirixida por Nuria Lameiro quere achegar á mocidade a ciencia e estimular o gusto polo saber científico.