A fundación "La Caixa" convoca un programa de becas tanto para posgrados como para doutorados.
Información e inscripción en: https://obrasociallacaixa.org
Co motivo do día mundial haberá postos de información e revisión o día 1 de decembro na Praza de Abastos.
A Concellería de Xuventude do Concello de Gondomar promove por segundo ano consecutivo unha iniciativa para fomentar unha ciencia divertida que esperte a curiosidade .
A concellería de Xuventude do Concello de Gondomar, dirixida por Nuria Lameiro quere achegar á mocidade a ciencia e estimular o gusto polo saber científico.
Este ano vanse realizar uns obradoiros distribuídos por idade e temáticas durante os días 7,8 e 9 de decembro no Auditorio Lois Tobio. Levaremos a cabo obradoiros de natureza, de química, creativos, de auga, de fogo, aprenderemos experimentando e de forma amena.
Todo o que se anime a participar rematará esta experiencia coa visita a Exposición de Recursos Naturais de Galicia da Escola Técnica Superior Enxeñería de Minas da Universidade de Vigo.
Para participar tes que chamar a Oficina Municipal de Información Xuvenil ( OMIX) no 986.369.746 e inscribirte a partir do 20 de novembro e ata rematar aforo.
O Programa TECENDO LAZOS 2018 da Deputación de Pontevedra chega a Gondomar cun obradoiro interxeracional no ámbito do lecer e o tempo libre.
A concellería de Xuventude do Concello de Gondomar, dirixida por Nuria Lameiro oferta da través do Programa TECENDO LAZOS 2018 da Deputación de Pontevedra o obradoiro RISA e MOVEMENTO.
A proposta e que os días 24,26,27,28,31 de decembro e 2,3,4 de xaneiro en horario de 11:00 a 13:00 poñamos en marcha este obradoiro. Poderán participar todos e todas as interesadas que teñan entre 10 e 99 anos.
Para poder participar deben cubrir unha solicitude, poden descargala na páxina www.concellodegondomar.gal ou na OMIX, aportando Fotocopia DNI e volante empadroamento. Tedes de prazo para realizar a solicitude dende o 20 de novembro ata 10 de decembro do 2018.
Programa de integración para persoas de entre 16-29 anos organizado pola Deputación de Pontovedra.
Solicita participar no programa "Depo Integra Xove" na web: www.depo.es
Becas-prácticas remuneradas en empresas para estudantes con dicapacidade.
Prazo: ata o 17 de decembro
Incricións: https://becas.fundaciononce.es/Paginas/BecasPracticasOnceCrue.aspx
SERGIO LORENZO ARES, COA SÚA FOTO “ COMEZA A VIAXE” GAÑA O XII CERTAME FOTOGRÁFICO VIAXANDO
A OMIX do Concello de Gondomar foi a encargada de por en marcha esta edición do décimo segundo certame VIAXANDO.
Este certame foi creado polas OMIX,s de Baiona, Tomiño, O Rosal, Porriño, Salceda de Caselas, A Guarda, Gondomar e o Espazo Xove de Tui no ano 2007. Un certame que aposta pola creatividade e orixinalidade da mocidade plasmada nunha fotografía.
Neste ano 2018 a Oficina Municipal do Concello de Gondomar foi a encargada da posta en marcha desta edición. O día 8 de outubro reuniuse o xurado formado polo Alcalde de Gondomar, Juan Francisco Ferreira; a Concelleira de Xuventude -Nuria Lameiro Valverde e os fotógrafos Miriam Rodríguez Davila, Pablo M. Banga González e Hugo Aboal de Castro, dando como gañadora das trece fotografía presentadas a Sergio Lorenzo Ares, natural de Tomiño pola súa foto “ Comeza a Viaxe”.
O día 19 de outubro as 18.30 farase entrega do premio o gañador, que consta dun curso personalizado de fotografía, así mesmo, inaugurárase a exposición de fotos que participaron este ano.
A exposición poderá visitarse do 19 de outubro ao 9 de novembro na Casa do Concello de Gondomar, despois rotará as todas as OMIX,s organizadoras.
Comeza a convocatoria de probas para a obtención da certificación galega de competencias dixitais en ofimática.
Xa están disponibles ás becas Amancio Ortega para estudantes de 4º ESO que queran cursar 1º de bacherelato en Canada ou Estados Unidos.
Inscricións-Información: www.becas.faortega.org
AULA DE TEATRO XOVE 12-30 ANOS
Ensaios todos os martes en horario de 18.30 a 20.30.
Inscricións OMIX Gondomar
Información 986.369.746
Unha formación para a mocidade que lle dará as competencias básicas para o desenvolvemento das funcións de operario de industrias alimentarias na pequena, mediana ou gran empresa adicadas a fabricación directa de transformados alimentarios ou empresas de servizos e produtos auxiliares para o sector.
CONTIDO: ábrese o prazo de matrícula nos ciclos e módulos de formación profesional con prazas vacantes.
DATAS: dende as 9:00 do 20 de setembro ata as 13:00h do 21 de setembro
REQUISITOS: cumprir os requisitos de acceso as ensinanzas correspondentes
MATRÍCULA: nos centros onde de se imparta ese ciclo , adxudicaránse as prazas por orde de chegada.
Información en
http://xuventude.xunta.es/component/k2/item/14997-prazas-libres-nos-ciclos-formativos-de-fpiclos-formativos-de-fp