A Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional convoca axudas para realizar actividades de formación dirixidas a consecución de melloras nas competencias en lingua inglesa e competencia científico-tecnolóxica ou STEM.
REQUISITOS: Alumnado de 3º e 4º da ESO matriculado en centros sostidos con fondos públicos de Galicia que estean matriculados no curso 2018/19.
Informa DOG 24/04/2019 ou https://www.edu.xunta.es/axudasst
Convócanse as prazas para os campamentos da Xunta de Galicia. Programación de actividades de tempo libre de calidade que se distribúe en campamentos en Galicia e noutras comunidades Autónomas e mediante procedemento xeral ou de inclusión( mozos/as que teñan unha discapacidade igual ou superior o 33%).
A concellería de Xuventude e Deportes do Concello de Gondomar, dirixida por Nuria Lameiro, aposta unha vez máis por Gladiator Kids. Unha proba diferente na que participan nenos e nenas entre 3 e 11 anos acompañados dun adulto. Esta proba de obstáculos ten un carácter lúdico e non competitivo, consiste nunha serie de probas adaptadas as idades as que van dirixidas e na que non importa quen gañe, senón que o importante é divertirse e compartir en familia. Terá dous percorridos diferentes dependendo da franxa de idade.
Este ano temos 500 prazas, que están agardando por ti, para vivir unha bonita experiencia o día 12 de maio no Parque das Ánimas
Para participar tes que inscribirte do 10/04/2019 ata 10/05/2019, a través da OMIX de Gondomar chamando ao 986.369.746 ou a través da páxina www.chapionchipnorte.com , prazas limitadas.
II Gladiator Kids, esperámoste en Gondomar.
Convócanse as probas para a obtención dos certificados de lingua galega.
Presentación de solicitude ata 25/04/2019.
O Ministerio de Educación e Formación Profesional convoca 20 prazas para participar no programa High School Students Insternship Programme, que se levará a cabo entre o 29 de septiembre e o 12 de octubre na sede da Organización para a Investigación Nuclear en Ginebra.
O Ministerio de Educación e Formación Profesional convoca 1560 axudas para participar no programa Campus Científico de Verán.
A Dirección Xeral de Xuventude, participación e voluntariado, no marco do proxecto LEWO, organiza actividades de voluntariado ambiental nos meses de marzo, abril, maio e xuño 2019, desenvolvendo actividades de tres tipo: preservación e conservación, investigación ou catalogación de flora e fauna da zona, acción de información e sensibilización.
Ábrese o prazo de inscrición para o Campamento Depo Aventura en A Lanzada.
Prazo de inscrición na OMIX: 26/03/2019
Prazo: 28/03/2019
O Ministerio de Educación e Formación Profesional convoca 2.400 becas para a estancia e participación nun programa intensivo de inmersión lingüística en inglés en España durante una semana entre o 30/06/19 e o 27/07/19.
Prazo: presentación de solicitude ata o 10/04/2019
A Concellería de Economía, Emprego e industria convoca as probas de avaliación en competencias clave para o acceso ás accións formativas dos novos certificados de profesionalidade de niveis 2 e 3. As probas serán para as competencias clave en lingua galega, lingua castelá, lingua estranxeira(inglés) e matemáticas.
Presentación da solicitude: ata o 29/03/2019
Data de realización: 25/05/2019
Axudas para a realización de cursos de inglés para alumnado da ESO e bacharelato.