CURSO PREPARACIÓN COMPETENCIAS CLAVE NIVEL 2.
Non tes a ESO e non podes acceder a certificados de profesionalidade.
O Concello de Gondomar propón unha saída:
A concellería de Xuventude e Emprego do Concello de Gondomar vai por en marcha unha iniciativaformativa para as persoas que non teñan formación básica necesaria para acceder a certificados de profesionalidade.
Certificados profesionais, que permitan insertarse no mercado laboral.
Este curso formará as persoas nas catro competencias clave e as preparará para que se presenten o exame que realizará a Consellería de Economía, Empleo e Industria.
Unha vez superado ese exame, poderán acceder os certificados de profesionalidade do nivel 2, para calquera das 26 familias profesionais existentes.
Este curso que comezará a partir do 19 de febreiro ata o 22 de maio, terá unha clase presencial á semana na que se traballarán as competencias de : matemáticas, inglés, lingua galega e lingua castelá.
Para inscribirse cubrir anexos ( CDL ou OMIX) e entregalos no rexistro do Concello durante o período de inscrición que rematará o día 14 de febreiro.
Para máis información chamar ao 986.369.746 ou 986.384.020