Con esta iniciativa a Concellería de Xuventude quere achegar a mocidade a aprendizaxe das bases da programación dun xeito lúdico e sinxelo, coa motivación de inicialos e familiarizalos cunha ferramenta imprescindible para o seu futuro. Aprenderán a pensar con creatividade, a traballar en colaboración e a razoar sistematicamente.
Se estás disposto a pasar unha semana diferente do 1-15 de xuño debes inscribirte para participar neste taller. Información das inscricións na Oficina Municipal de Información Xuvenil de Gondomar 986.369.746
Descargas: