^ Ir arriba
Venres, 05 Maio 2017 13:19

Curso monitor/a acompañante de transporte de persoas con mobilidade reducida.

Nova proposta formativa do Concello de Gondomar dirixida á mocidade.
A Concellería de Xuventude dirixida por Nuria Lameiro, segue ca programación formativa dirixida a mocidade para que acaden unhs coñecementos útiles e diferenciadores de cara a súa inserción laboral.

A partir do 1 de xuño dará comenzo o curso monitor/a acompañante de transporte de persoas con mobilidade reducida.
Os participantes durante 30 horas desenvolverán un programa teórico: normativa reguladora, tipos de transporte e requisitos, transporte de persoas con mobilidade reducida, etc. e un programa práctico: no que traballarán control de rampa de accesos, coñecemento dos puntos de anclaxe, subida e baixada das persoas con mobilidade reducida, primeiros auxilios e uso de desfibriladores.
A preinscrición terá lugar do 8 ao 28 de maio e pódese realizarse presencialmente recollendo a documentación na OMIX de Gondomar ou a través da sede electrónica do Concello de Gondomar. Terán preferencia os mozos e mozas entre 18 e 40 anos, do Concello de Gondomar. O curso será gratuíto e comezá o 1 de xuño rematando o 14 do mesmo mes, en horario de 10:00 a 13:00 horas.
Información sobre o curso, as inscricións na OMIX 986.369.746 ou Esta dirección de correo electrónico está protegida contra spambots. Usted necesita tener Javascript activado para poder verla.

Curso monitor/a acompañante de transporte de persoas con mobilidade reducida. (descarga os modelos)

 

Last modified on Venres, 12 Maio 2017 16:11