RISOS EN FAMILIA
Está demostrado científicamente que o riso ten efectos positivos nas persoas, así que debemos aprender a rir. E que mellor que facelo en familia?.
Cos anos a predisposición a rir coa que nacemos, vaise perdendo necesitamos recuperalo para poder enfrontar os obstáculos diarios desde perspectivas máis creativas e axudar as persoas a sentirse mellor consigo mesmas e coa súa contorna.
Do 2 a 5 de xaneiro do 2017 en horario de mañá de 10 a 14 h. , poremos en marcha este obradoiro en familia. Se estás interesado debes inscribirte no rexistro do Concello para máis información ou documentación na OMIX Gondomar 986.369.746