O Concello contou coa colaboración de Luisa Valdés Aguirre, diplomada na Escola Nacional Superior de Belas Artes de París, que conseguiu a través deste obradoiro que os nenos aprendesen a interpretar a obra de diferentes artistas (Urbano Lugrís, Maruja Mallo, Luis Seoane, …), e que logo puidesen te-la capacidade de plasmala nos seus debuxos, todo baixo un prisma lúdico e divertido.
Dende aquí a nosa noraboa e admiración máis especial a estes pequenos-grandes artistas!!!