^ Ir arriba
Martes, 26 Xullo 2016 17:02

X Certame Fotográfico "Viaxando" Featured

Convócase o X Certame Fotográfico “VIAXANDO”, organizado polas Oficinas Municipales de Información Xuvenil (OMIX) de Gondomar, Porriño, O Rosal, Tomiño, Salceda de Caselas, Baiona, A Guarda e a Casa da Xuventude (Espazo Xove) de Tui.

Se tes entre 12 e 35 anos, podes participar entregando o teu traballo fotográfico en calquera das oficinas organizadoras, ata o próximo 30 de setembro de 2016.

Coas fotografías presentadas a concurso realizarase unha exposición itinerante que percorrerá os Concellos que colaboran na organización deste Certame.

Anímate!!! O premio para a fotografía gañadora é unha TABLET!!!

Infórmate na OMIX de Gondomar (Rúa Manuel Alonso s/n; tlf. 986 369 749; dirección electrónica Esta dirección de correo electrónico está protegida contra spambots. Usted necesita tener Javascript activado para poder verla.)

Bases 2016

Last modified on Mércores, 03 Agosto 2016 12:17