Os paneis amosan algúns dos recursos etnográficos, relixiosos ou naturais do noso territorio apostando por poñer en valor a riqueza conxunta de todas as nosas parroquias. Son paneis dixitalizados con códigos QR de tal forma que desde un panel tense acceso á información e localización da rede que forman o conxunto dos 10 paneis. Desde o departamento de turismo preténdese ofrecer tanto a visitantes como aos propios veciños que cada recuncho do noso territorio ten moito que ofrecer, sendo esta actuación unha pequena achega.