O ss.ss. están dirixidos a toda a población en xeral, pero prestan especial atención a aqueles colectivos que se atopan en situación de desvantaxe social.
A través de programas e actividades se trata de facilitar o acceso das persoas do municipio ós recursos sociais dispoñibles, loitando contra as desigualdades sociais e promovendo a autonomía e a participación e integración de toda a cidadanía.
A nivel xeral a dende os servizos sociais se xestionan os seguintes recursos:
Programa de Educación Familiar
Servizo de axuda no fogar
Lei de dependencia
Renda de Integración Social De Galicia ( RISGA)
Emerxencia Social
Recoñecemento de minusvalidez
Teleasistencia
Titulo de familia numerosa
Pensións non contributivas
Transporte adaptado
Programas do Imserso ( termalismo, vacacións)
Programa lúdico de balnearios (Deputación)
Axudas individuais