^ Ir arriba

novas

Luns, 25 Marzo 2019 16:37

FESTIVAL PRIMAVERA SON 2019

FESTIVAL PRIMAVERA SON 2019
 
O Conservatorio Municipal de Música de Gondomar presentou o pasado 20 de marzo no Auditorio Lois Tobío a programación do Festival Primavera Son 2019. Dende marzo ata xuño o Conservatorio presentará varias actividades como concertos, masterclass,conferencias, II Noite no conser, e obradoiros. Este festival está organizado pola Concellería de Cultura, dirixida por Nuria Lameiro, e cofinanciado pola Deputación de Pontevedra. Todas as actividades son gratuitas e para todos os públicos ata completar aforo.
 
 
 
MASTERCLASS:
 
Todas as masterclass celebraranse no Auditorio Lois Tobío entre as 16:00h e as 20:00h.
LUNS 25 de Marzo: Paula Colás, especialidade de violín
MARTES 26 de Marzo: Felipe Agell, clarinete
XOVES 28 de Marzo: Agustín Lage, guitarra
VENRES 29 de Marzo Emilio Álvarez, piano
Entrada gratuita para tódolos públicos ata completar aforo.     
 
 
CICLO DE CONFERENCIAS:
 
As catros conferencias impartidas por Roberto Relova, baixo o epígrafe "A (de)construción dos grandes personaxes femininos desde a música, o mito e a historia" celebraranse no Auditorio Lois Tobío ás 19:00horas. Roberto Relova é musicólogo e colaborador da revista Codalario e o programa "Instinto clásico" de Onda Cero
Datas das conferencias:
Mércores 27 de Marzo: "Metodoloxía e perspectivas desde un estudio artístico"
Mércores 10 de Abril
Venres 10 de Maio
Martes 4 de Xuño
Entrada gratuita para tódolos públicos ata completar aforo.     
 
 
II NOITE DO CONSER:
 
Por segundo ano consecutivo as alumnas e alumnos do Conservatorio entre o martes 30 de abril e mércores 1 de maio, disfrutarán dunha xornada de actividades, na que quedarán a durmir nas instalacións do centro.
 
 
CONCERTO DE PÍSCORE: 
 
Grupo cómico de percusión: Para tódolos públicos. 
Auditorio Lois Tobío, Martes 30 de abril ás 19:00h
Entrada gratuita para tódolos públicos ata completar aforo.  
 
 
CONCERTO DIDÁCTICOS:
 
Concertos celebrados en colaboración con Espazo Lectura, o grupo de teatro xuvenil "Pritis Guomis", e o coro e orquestra do Conservatorio municipal
MARTES 28 de Maio ás 19:00h  Auditorio Lois Tobío
Entrada gratuita para tódolos públicos ata completar aforo.   
MÉRCORES 29 de Maio ás 18:00h Casa da Lectura de Donas
 
 
CONCERTO FIN DE CURSO:
 
Peche do Festival Primavera Son, cun concerto dos alumnos finalistas do 4º curso, o coro e orquestra do Conservatorio
MÉRCORES 5 de XUÑO ás 19:00 Praza do Concello