^ Ir arriba

novas

Mércores, 06 Marzo 2019 10:00

O Goberno Municipal de Gondomar entrega á Entidade Local Menor de Morgadáns 168.661€

O Goberno Municipal de Gondomar entrega á Entidade Local Menor de Morgadáns 168.661€ para investir na parroquia.

O Concello de Gondomar, una ano máis en tempo e forma, fai entrega á Entidade Local Menor de Morgadáns da cantidade de 45.863,35 euros, correspondentes o 25% dos impostos devindicados no exercicio do ano 2018, ao obxecto de que sexan investidos, coma considere o seu presidente, nas melloras na parroquia.

Neste mandado, baixo o goberno de Paco Ferreira como alcalde, a Entidade Menor de Morgadáns recibiu puntualmente ditas aportacións dinerarias: no ano 2015 a cantidade de 42.156,89 euros, no 2016 a cantidade de 40.172,43 euros, no 2017 a cantidade de 40.468,38, e este ano 45.863,35 euros, sumando un total no carto mandato de 168.661,05 euros.

Ademais, da aportación da cantidade indicada, o goberno municipal levou a cabo distintas melloras en infraestruturas e servizos, así como a tramitación e xestión para a mellora da carreteira de titularidade municipal por valor de máis de 400.000 euros de inversión, o desraizado da carreteira de Prado, o acondicionamento de camiños, o a modificación e revisión do proxecto de saneamento e recuperación do barrio de A Pedra, concluíu o alcalde Paco Ferreira.

 

WhatsApp Image 2019-03-05 at 17.50.39.jpeg