^ Ir arriba

novas

Xoves, 20 Setembro 2018 21:25

Escolas Deportivas Municipais e da Deputación para o curso 2018 - 2019

O Concello de Gondomar pon en marcha o luns de 10:00 a 12:00 e de 17:00 a 19:00h., as inscricións para as escolas deportivas, Municipais e Deputación, con variedade de deportes, fútbol, tenis, judo, tenis de mesa, patinaxe artístico, balonmán, iniciación o deporte, zumba, deportes colectivos, ximnasia de mantemento e taekwondo, estas votarán a súa andadura o 15 de outubro as de Deputación e 2 de novembro as municipais,

VIVE O DEPORTE.

A Concellaría de Deportes do Concello de Gondomar abre o luns, día 24 de setembro, o prazo de inscricións para as Escolas Deportivas para o curso 2018/2019. 

Un ano mais, o Concello de Gondomar amplia a súas escolas deportivas, gracias a importante colaboración da Deputación de Pontevedra e dos clubes da comarca, e as modalidades ofertadas son:

Por parte da Deputación de Pontevedra, de carácter gratuíto e dirixidas a nenos/as de 5 a 15 anos, contamos coas actividades

Patinaxe
Iudo
Balonmán
Futbol
Baloncesto


Por parte do Concello, as modalidades ofertadas, dirixidas tamén na maioria dos casos a alumnos entre os 5 e 18 anos, son:

Iniciación ao deporte, esta para nenos de 4 a 6 anos
Deportes en grupo
Taekwondo
Tenis
Tenis de mesa
Ximansia de mantemento, para maiores de 18 anos
Zumba, para maiores de 18 anos

O custe destas escolas será de 67,39 € para o curso completo, existindo bonificacións para alumnos da mesma unidade familiar.

Para inscribirse e recibir máis información deberáse achegar ao Pavillón Municipal a partir do 24 de setembro en horario de 10h a 12h e de 17h a 19h.

Unha vez cuberto o número previsto de alumnos/as por actividade, considérase pechada a matrícula,

Tlf. 986360305/608748393.

ESCOLAS DEPORTIVAS 2018 FOLLETO1

ESCOLAS DEPORTIVAS 2018 FOLLETO2