Continuou a ruta remontando o río Miñor pola outra beira do río, onde se lles deu unha expliación sobre o bosque de ribeira, propio dos cauces fluviais, coas características da súa flora e da súa fauna.
Unha vez chegado a Gondomar, fíxose unha parada para ver a xunta do Zamáns co Miñor e o Parque da Coelleira na área das Cercas.
Finalizou a ruta na Ponte das Ánimas, onde se lles explicou a importancia histórica da ponte e da antiga calzada que por alí pasaba, facéndose tamén mención á ruta de sendeirismo que actualmente pasa por aquí e leva o mesmo nome que a ponte, a coñecida como "Ruta das Ánimas".