Os cursos de 3º e 4º fixeron a "Ruta Mariñeira", comezando no Paseo Pinzón aos pés do Rompeolas, onde se lles dou a benvida e coñeceron algo da historia de Baiona como o antigo Balneario da Cuncheira e outros feitos históricos. Seguiu a ruta polo monumento Encontro entre dous mundos, e unha breve explicación da fortaleza de Monterreal e o Parque da Palma. A seguinte parada foi na Ribeira, diante do Azulexo da Arribada, como antesala da seguinte visita que foi o museo da Carabela. O último punto da visita, como non podía ser doutro xeito, foi no porto pesqueiro, onde tiveron a oportunidade de ver aos mariñeiros, quen lles amosaron algunhas capturas do día e breves explicacións da súa tarefa-
Finalizou a xornada con xogos no parque da Palma, onde os rapaces desfrutaron dun merecido descanso. O profesorado valorou moi positivamente esta actividade, que complementou ás actividades realizadas con anterioridade no centro escolar.