A actividade desta xornada consistiu nunha pequena charla, apoiada cunha presentación en power point sobre os recursos do Val Miñor, tanto do patrimonio histórico-artístico como natural, festas, actividades recreativo-deportivas, gastronomía, entre outras. A xornada rematou con xogos didácticos como realización de quebracabezas con fotos de pazos, igrexas, ríos, praias, paseos marítimos, etc..., outro dos xogos consiste en facer parellas e localización nun mapa do Val Miñor dalgúns dos elementos máis característicos que se viron na presentación. Primeiramente comezamos con 33 rapaces de 1º e 2º de primaria, e nunha segunda parte 52 rapaces de 3º e 4º de primaria.
O alumnado amosouse entusiasmado coa iniciativa, xa que se transmitiu gran cantidade de información sobre os recursos do Val Miñor. O Obradoiro de Emprego Valmiemprega II considera que este tipo de actividade contribúe de xeito moi produtivo á dar a coñecer o patrimonio e a nosa cultura entre os máis cativos, por esa razón cédese o material audiovisual en formato power point aos centros educativos, para que eles sigan a traballar cos nenos e nenas sobre os recursos e as características do noso territorio.