^ Ir arriba

novas

Martes, 21 Novembro 2017 12:07

Maxia pola igualdade

O 26 de novembro ás 18h teremos no Auditorio Lois Tobío o espectáculo Maxia pola igualdade a cargo da ilusionista Fani Triana.

A nosa protagonista chega a casa despois dunha xornada longa de actividades e creará fantasías ca louza da cociña, vasoiras, roupas, panos, mobiliario do salón, e rematará cunha exposición de forza física e mental: a mesma que durante décadas levan amosando as mulleres en prol dos seus dereitos fundamentais.