^ Ir arriba

novas

Luns, 13 Novembro 2017 16:42

II Concruso de Escaparates de Nadal

O Concello de Gondomar, a través da súa Concellería de Comercio e en colaboración coa asociación O valmi, convoca o segundo concurso” CONCURSO DE ESCAPARATES E AMBIENTACIÓN DE LOCAIS DO CONCELLO DE GONDOMAR NADAL 2017”. Os motivos e decoración dos escaparates e da ambientación dos locais terán como tema as “Festas de Nadal”. Os comercios que se presenten deberán adornar a beirarrúa correspondente ao espazo do local, coaa colocación dunha alfombra ou moqueta vermella na entrada ocupando o espazo físico da beirarrúa

Tras dunha moi  positiva e reconfortante experiencia do ano pasado, queremos colaborar en que a nosa Vila sexa un espazo público de armonía, sosego, beleza, estética da fermosura que invite á cidadanía a pasear polas súas rúas.  Neste ambiente será máis atractivo profundizar nas ofertas e productos que o Comercio de Gondomar fai aos seus concidadáns.

Os  titulaes ou cotitulares dos comercios serán galardonados cos  seguintes premios económicosque serán entregados o 4 de xaneiro de 2018

- Primeiro/a clasificado/a concurso escaparates: 300 €

- Primeir@ clasificado/a concurso ambientación de locais: 300 €

Para inscribirse no concurso é obrigatorio ser maior de idade e titular ou cotitular dun

establecemento comercial situado no Concello de Gondomar.  O prazo de presentación de solicitudes rematará o día 10 de decembro de 2017

 

O proceso de elección do comercio premiado será novidoso. Haberá  unha doble entrada de votos:

  1. unha directamente en urnas que os comercios porán no seu establecemento, nas que os clientes poderán depositar o seu voto. A papeleta poderán solicitala nos propios comercios. Entre todas as persoas que depositen o voto nas urnas que estarán nos comercios sortearase unha cesta de Nadal
  2. Outra mediante voto telémático aberto á cidadanía.

As solicitudes poderán presentarse de luns a venres, en horaro de 09:00 a 14:00 horas, no rexistro municipal, ou a través da sede electrónica, https://concellodegondomar.sedelectronica.gal

Para subir as imaxes ao concurso ou votar por elas poderán facelo dende a páxina propia do concuso. 

Os escaparates e a ambientación de locais deberán estar expostos entre os días 11 de decembro de 2017 e o 6 de xaneiro de 2018.

Descargar formulario de solicitude / participación