O programa "Cos Pes na Terra" trátase de actividades de información e demostración promovidas pola entidade ADR MAIV – Baixo Miño, e financiadas ao 75% polo FEADER no Marco do PDR Galicia 2014-2020. Dirixidas a poboación e persoas traballadoras do medio rural e do ámbito agrario, forestal e agroalimentario do territorio da ADR MAIV – Baixo Miño.
As accións desenvolveranse entre agosto e outubro de 2017 e febreiro e marzo de 2018.
Executaranse principalmente no concello de Tomiño e terán un forte carácter práctico, coa colaboración de viveiros da zona.
Para participar é obrigatorio presentar inscrición previa debidamente cumprimentada para cada unha das acción. Os solicitantes recibirán posteriormente confirmación da súa admisión na actividade solicitada.