^ Ir arriba

novas

Venres, 16 Xuño 2017 10:49

Campaña informativa, de vixilancia e de actuación sobre verteduras incontroladas.

A Policía Local de Gondomar, á vista da problemática advertida nos puntos de recollida de residuos sólidos urbanos que son utilizados de xeito descontrolado para depositar escombros de obras, animais mortos, tala e poda de árbores e restos de desbroces e limpeza de maleza que poden converterse en potenciais focos infecciosos.
Poñemos en marcha unha campaña informativa, de vixilancia e de actuación sobre as persoas que de xeito incívico e irresponsable realizan estes comportamentos.

Con todo, pedímoslle colaboración á veciñanza e ofrecémoslle os teléfonos deste Corpo: 986389191 – 696998080, para axudarnos a atopar calquera indicio que nos leve a identificación destas persoas.
Aproveitamos para informarlles que os residuos que precisan unha xestión específica, polo seu tamaño (residuos voluminosos) ou pola súa composición (pilas, disolventes e outros materiais perigosos) e para os que non existe colector na vía pública pódense depositar na Punto Limpo situado no lugar “Regato de Padróns”, na Pasaxe, Vincios.
A actuación da Policía Local axustarase ao establecido na Ordenanza municipal reguladora de Medio Ambiente, Limpeza e Convivencia aprobada polo Pleno do día 6/04/2017 que prevé sancións de ata 3.000 euros por infraccións moi graves á dita normativa.

O xefe do Corpo
Obdulio Iglesias Otero

1 2

3