^ Ir arriba

novas

Mércores, 05 Abril 2017 20:32

II Mostra de teatro afeccionado do Val Miñor e Oia.

A partir do vindeiro domingo 9 de abril o Auditorio Municipal Lois Tobío acollerá a II Mostra de teatro afeccionado do Val Miñor e Oia.

Organizado polo Instituto de Estudos Miñoráns co apoio do Concello de Gondomar.

"Cabaret tres" será a obra que abrirá esta parte da mostra organizada polo IEM, a cargo de Pritis-guomins, a partir das 19:00h. no Auditorio Municipal Lois Tobío.

O programa continuará o domingo 23 de abril con "A tía lambida" a cargo de A Moura, a partir das 19:00h. no Auditorio Municipal Lois Tobío.

Para finalizar a Mostra, o grupo de O mellor de cada casa, sairá a escena o domingo 7 de maio con "A illa deserta" ás 19:00h, no Auditorio Municipal Lois Tobío.

3.1 cartel teatro web