^ Ir arriba

novas

Mércores, 05 Abril 2017 10:41

Gondomar inicia os seus talleres prácticos para buscar emprego.

O Concello de Gondomar iniciou hoxe no CDL o ciclo de oito talleres prácticos "Diferénciate na procura de emprego".

Desenvolveranse ata xullo en horario de mañá, desde as 10.00. Os participantes aprenderán a destacar entre os candidatos a un traballo, a triunfar nas entrevistas, a utilizar apps e redes sociais para atopar emprego, a elaborar currículos e a traballar a rede de contactos.

Os interesados poden inscribirse chamando ao 986 384020 ou a través do mail Esta dirección de correo electrónico está protegida contra spambots. Usted necesita tener Javascript activado para poder verla..

Cartaz Ciclo Obradoiros BAE Gondomar