^ Ir arriba

novas

Luns, 09 Xaneiro 2017 10:16

Ciclo de cinema infantil en Gondomar

A Concellería de Cultura de Gondomar, que dirixe Nuria Lameiro, inaugura este domingo o ciclo de cinema infantil, con 4 películas para os pequenos e pequenas da casa, cada domingo de xaneiro.

As sesións serán as 18h no Auditorio Lois Tobio, a entrada será de 1€ e poderá adquirirse no mesmo auditorio antes do pase da película.

Este domingo os nenos e nenas poderán desfrutar da película “Noche ¿de paz? Holy night! ”; o día 15 está programada a película “O bosque animado”; para o 22 de este mesmo mes “Espirito do Bosque” e o último domingo de xaneiro farase o pase da película “O sono dunha noite de verán”. Todas estas películas son en galego e o público recomendado é infantil.

15940427 1783003311962223 6835915658890297111 n