^ Ir arriba

novas

Xoves, 29 Decembro 2016 12:56

O Apalpador visitou Gondomar.

Onte pola mañá o Apalpador visitou Gondomar, acompañado dun músico e un burro de madeira.

O Apalpador é un personaxe da tradición popular galega nacido no Courel. Está ligado ás festas do Nadal e gústalle compartir coa xente eses bonitos días.
É un pastor gigantón e bo, de mirada doce e longas barbas coloradas que, co seu abrigo cheo de remiendos e a grandes zancadas, percorre toda Galicia. Durante o ano fabrica carbón, vive dos froitos silvestres, caza jabalíes, recolle mel e fai aparecer, coas ramas das árbores e bosques, os xoguetes que as madeiras esconden. O 31 de decembro baixa aos pobos, visita aos nenos casa por casa e déixalles como regalo castañas quentes e divertidos xoguetes de madeira.

web5  web6

web7  web8

web9  web10