^ Ir arriba

novas

Sábado, 17 Decembro 2016 12:02

Exercizo mental para os gondomareños.

Esta semana iniciouse o taller de Memoria para Maiores en Gondomar, impartido pola psicóloga-neuropsicóloga do centro Lingoreta e organizado pola Concellería de Benestar Social que dirixe Rocío Cambra.

O taller para exercitar a memoria terá unha duración de 6 meses, polo que finalizará en maio; en él participan 15 persoas, na sua maioría mulleres de entre 60 e 87 anos. As actividades desenrólanse en horario de mañá (10:30-11:45) e teñen coma obxetivo mellorar a retentiva e axilizar a rememoración.

Dado o éxito de esta convocatoria, dende o departamento de Benestar siguense recollendo inscricións para un segundo taller. Os requisitos necesarios son, ser maior de 55 anos e adxuntar xunto coa inscrición o volante de empadroamento e unha fotocopia do DNI. As prazas para este curso serán limitadas tamén e a adxudicación farase por orde de rexistro de entrada.

Podese formalizar a inscrición no departamento de Benestar Social na Casa da Cultura de Gondomar.

IMG 0317