^ Ir arriba

novas

Luns, 12 Decembro 2016 12:06

Mais de 40 comercios están inscritos o 1ª Concurso de escaparates navideños en Gondomar e ambientación de locais.

Finalizado o prazo do concurso convocado pola Concellaría de Comercio, o número de inscricións supera a corentena.
A pesares do modesto importe dos premios, limitada pola precariedade monetaria do Concello, estamos moi gratamente agradecidos e sorprendidos polo número de inscritos, polo dinamismo, esforzo e traballo do comercio de Gondomar.

A pesares do modesto importe dos premios, limitada pola precariedade monetaria do Concello, estamos moi gratamente agradecidos e sorprendidos polo número de inscritos, polo dinamismo, esforzo e traballo do comercio de Gondomar.
Non solo é moi gratificante o número senón tamén a variedade de establecementos. Aínda que os rexistrados se concentran na súa maioría no comercio de roupa, un 32%, e na hostalería, un 20%, a diversificación sectorial é ampla: farmacias, zapaterías, froiterías, floristerías, informática, librerías, estilistas, centros residenciais....
Os comerciantes, coa súa imprescindible achega, e co esforzo das diversas áreas de goberno do Concello de Gondomar, que este ano fixemos para dotar a Gondomar dun alumado navideño moi chamativo, o atractivo Belén e unha rúas con escaparates e comercios decorados para o Nadal, estamos a transformar Gondomar nun espazo de encontro aberto, recuperado para as persoas, atractivo tanto para os veciños como para os visitantes.
Entre todos podemos darlle ao sector servizos un importante pulo, nunha época do ano que concentra unha boa parte dos ingresos do sector. Convidamos a os veciños e forasteiros a pasearse polas rúas de Gondomar.
Os escaparates e a ambientación de locais deberán estar expostos entre os días 15 de decembro de 2016 e o 6 de xaneiro de 2017. Aqueles escaparates e locais que non se atopen montados no momento da visita dalgunha das persoas que forman parte do xurado quedarán excluídos do concurso.
O fallo do xurado será inapelable e darase a coñecer ao longo do mes de xaneiro de 2016.
O “I Concurso de Escaparates e ambientación de locais do Concello de Gondomar Nadal 2016” está dotado coa cesión de espazos publicitarios gratuítos na páxina web e redes sociais do concello durante un mes consecutivo para os tres primeiros clasificados.

CARTAZescaparate