^ Ir arriba

novas

Luns, 12 Decembro 2016 11:59

IV Xornadas deportivas e solidarias de Nadal

Un ano máis celébranse as Xornadas de deporte e solidaridade en Gondomar, organizadas pola Concellería de Deporte que dirixe Nuria Lameiro. Este ano o evento está programado para os días 26, 27, 28, 29 e 30 no Pavillón de Deportes do municipio.

As actividades levaranse a cabo en horario de mañá, de 10 a 14h e están dirixidas a nenos e nenas de entre 6 e 12 anos. Para poder efectuar a inscricións os participantes deberán achegarse o Pavillón de deportes en horario de 17:30 a 20:00 antes do día 21 de este mes e aportar 2kg de alimentos no perecedoiros o primeiro día das xornadas.

As prazas son limitadas e as actividades que se incluen ademáis de deportes como baloncesto, fútbol, hockey, tenis de mesa, atletismo, pilates infantil ou zumba, son talleres de educación viaria e de primeiros auxilios e saidas de todo tipo. O derradeiro día, para o peche de estas xornadas deportivas e solidarias organizaranse xogos o estilo das cucañas populares.

Todas as actividades están orientadas os nenos e nenas, que en todo momento estarán acompañados de monitores. Para levar a cabo as actividades os participantes dividiránse en grupos por rangos de idade, de maneira que todos poidan desfrutar de todas as actividades programadas.

Para información e consultas Esta dirección de correo electrónico está protegida contra spambots. Usted necesita tener Javascript activado para poder verla. ou a través do teléfono 608 74 83 93.

15301284 10210414281366859 1982796277 n