^ Ir arriba

novas

Xoves, 01 Decembro 2016 20:27

Belén en movemento en Gondomar.

O Alcalde de Gondomar, Paco Ferreira e a Concelleira de Cultura, Nuria Lameiro inaugurarán o día 3 de decembro o belén en movemento instalado no vestíbulo do Auditorio Lois Tobio.

O artesán que o fabricou é un veciño de Borreiros, Fernando Fernández Penedo, coñecido coma Nando; os materias que compoñen o belén son reciclados e moitos de eles pertencen o punto limpo do municipio. Grazas os motores reutilizados de microondas conséguese que as persoaxes cobren vida. O acceso é libre e gratuito en horario de mañá entre as once e a unha e media e en horario de tarde, entre as catro e as oito, de luns a domingo, ata o día 6 que se clausurará. O belén permanecerá pechado os días 24, 25 e 31 de decembro e os días 1 e 6 de xaneiro.

A inauguración do evento estará precedida por un concerto da Banda de Música da Agrupación Musical de Vincios, que comezará as seis e media da tarde do mesmo día as portas do auditorio. Nunha pantalla xigante o aire libre proxectaranse imáxes que acompañan o repertorio da Banda Musical, composto por bandas sonoras de cine infantil e panxoliñas.

 MG 9814