^ Ir arriba

novas

Xoves, 11 Agosto 2016 10:50

Presentación do 2º Reto de Dani Fernández do proxecto "Reta 3. Móvete pola Diabete"

Presentación do 2º Reto de Dani Fernández no Parque da Coelleira, coa colaboración da Concellería de Deportes, Igualdade e Xunventude e coa presenza do Alcalde Francisco Ferreira e a Presidenta da Asociación Anedia Ana Pérez.

O segundo reto vaise desenvolver o vindeiro venres 12 e rematará o sábado 13 de agosto. Comezará ás 11 da mañá na Praza do Concello de Gondormar e consistirá en 24 horas pedaleando polas estradas do Val Miñor, pasando polos tres concellos Gondomar, Nigrán e Baiona. Será un circuíto de entre 12 e 14 quilómetros que Daniel, máis o pelotón que voluntariamente o queira acompañar, percorrerá durante 24 horas ata facer un mínimo de 380 quilómetros.

 

Enlace Video Presentación