A Concellaría de Vías e Obras de Gondomar, esta levado a cabo nestes días a adecuación e asfaltado do camiño dos " Balos Toucido"
En concreto, procedeuse á substitución da canalización de rede de sumidoiros modernizándoa. Adecuando esta tamén para que a empresa de telefonía poida levar o seu cableado soterrado, podendo así retirar os antigos postes de madeira, rematando esta mellora co asfaltado segundo explica Jesús Salgueiro, concelleiro de Vías e Obras.
Á súa vez o Concello de Gondomar vén de finalizar os traballos de mellora no camiño da parroquia de Vincios as actuacións, levadas a cabo por operarios do Concello, centráronse no asfaltado deste nodia de onte.
Coa adecuación destes camiños, o Concello de Gondomar segue atendendo as necesidades dos veciños das súas parroquias e mellorando as infraestruturas e seguridade vial do municipio.