O alcalde e o seu equipo de goberno votaron a favor de pasar a publico parte do camiño coñecido como camiño de Guisande ou camiño " Os Cochos", que se encontraba paralizado dende outubro do ano 1999 xa que os veciños propietarios dos terreos cederon parte destes ao concello de Gondomar, o cal a día de onte non se pasara a público nin se incorporara no inventario municipal o que facía moi complicado poder realizar melloras neste segundo informo o alcalde.
O alcalde estaba moi satisfeito de solucionar esta parálise aprobándoo, xa que este camiño dá servizo a veciños e veciñas de Gondomar que teñen que acceder ás súas vivendas a través dun camiño de terra, que agora con esta actuación espera poder solicitar subvencións e axudas para mellorar a situación que teñen de acceso. "E isto era o primeiro paso que había que dar".
Como informaba o concelleiro de urbanismo o señor Carlos Lameiro, despois de máis de 14 anos por fin grazas a este goberno incorporarase este camiño no inventario do concello co que iso leva consigo.