^ Ir arriba

novas

Domingo, 18 Xaneiro 2015 23:54

Curso Iniciación ao Portugués e Aula de Teatro en Gondomar

A Concellería de Xuventude do Concello de Gondomar comeza o ano poñendo en marcha dúas accións

 A Concellería de Xuventude do Concello de Gondomar comeza o ano con cun curso de Iniciación ao Portugués, formación de 30 h, nas que se pretende espertar o interese por unha lingua e cultura que están moi preto de nós, o portugués.
Este curso vai dirixido prioritariamente para mozos e mozas de entre 16 e 35 anos, do Concello de Gondomar e desempregados.
A preinscripción será do 13 ao 28 de xaneiro e o curso desenvolverase do 2 de febreiro ata o 6 de marzo en horario de 10:00 a 12:00h todos os lúns, mércoles e venres.

Outra acción que comeza un novo ano á a Aula de Teatro, o grupo leva traballando máis de cuatro anos e busca novas incorporacións. Mozas e mozos de 12 a 30 anos que lles guste o mundo do teatro e que desexen pasar un bo rato as tardes dos martes de 18:30 a 20:30.
Ambas accións son de balde e para inscribirse ou solicitar máis información debedes chamar ao 986.369.746 ou www.concellodegondomar.com