^ Ir arriba

novas

Sábado, 20 Decembro 2014 16:53

Teatro para maiores esta fin de semana en Gondomar

O auditorio Lois Tobío de Gondomar acolle o sábado día 20 de decembro, a obra de teatro "As do peixe", unha representación sobre a vida de catro mulleres que se reúnen periódicamente para rememorar a súa vida laboral na antiga fábrica de conservas da vila. A obra comenzará ás 22 horas e a entrada podrase adquirir en billeteira a un prezo único de 3,50 euros. O domingo día 21 de decembre ás 22 horas terá lugar a obra cómica "Doutor de Cabeceira" coa fin de recaudar alimentos para as familias máis desfavorecidas do municipio.